Calla palustris

especie de planta

Cala
Calla palustris
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Alismatales
Familia: Araceae
Subfamilia: Calloideae
Arnott
Xénero: Calla
Linnaeus, 1753
Especie: C. palustris
Nome binomial
Calla palustris
Linnaeus, 1753
Sinonimia
Véxase o texto

Calla es un xénero da división das magnoliófitas (anxiospermas), clase das liliópsidas, orde das alismatales e familia das aráceas.

Ilustración de Carl Axel Magnus Lindman en Bilder ur Nordens Flora
Flor de Calla palustris

É o unico xénero da subfamilia das caloideas (Calloideae) que ademais é monotípico, xa que comprende unha soa especie, Calla palustris,[1] a cala.[2]

Taxonomía editar

Descricións editar

Subfamilia editar

A subfamilia foi descrita polo botánico británico George Arnott Walker-Arnott.

Xénero e especie editar

Tanto o xénero Calla, como a súa única especie, Calla palustris, foron descritos por Linneo en 1753 na súa obra Species Plantarum 2: 968.[3]

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Calla brevis (Raf.) Á.Löve & D.Löve
  • Calla cordifolia Stokes
  • Calla generalis E.H.L.Krause
  • Calla ovatifolia Gilib.
  • Calla palustris (L.) Raf.
  • Calla palustris f. aroiformis Asch. & Graebn.
  • Calla palustris f. gracilis Asch. & Graebn.
  • Calla palustris f. palustris
  • Calla palustris f. polyspathacea Vict. & J.Rousseau
  • Callaion bispatha (Raf.) Raf.
  • Callaion brevis (Raf.) Raf.
  • Callaion heterophylla (Raf.) Raf.
  • Callaion palustris (L.) Raf.
  • Dracunculus paludosus Montandon
  • Provenzalia bispatha Raf.
  • Provenzalia brevis Raf.
  • Provenzalia heterophyla Raf.
  • Provenzalia palustris (L.) Raf.

Distribución editar

Calla palustris é nativa das rexións frías do hemisferio norte, no leste, norte e centro de Europa, Francia e Noruega, norte de Asia e Norteamérica (Alasca, o Canadá e nordeste dos Estados Unidos de América).

Características editar

É unha planta rizomatosa, herbácea, perenne, que crece en charcas e pantanos.

As follas son arredondadas, case parecidas a un corazón, de 6 a 12 cm de longo e de 4 a 12 cm de ancho, cun pecíolo de 10 a 20 cm.

As flores se producen en espádice con inflorescencias de cor amarela verdosa. As infloresencias estám envolvidas por unha grande espata.

O froito é un acio de vermellas cereixas, contendo cada unha varias sementes.

Propiedades editar

 
Froitos inmaturos

A planta é moi velenosa cando está fresca debido ao ácido oxálico que contén, pero os rizomas son comestíbeis unha vez fervidos ou secos.

Úsase contra o reuma, e tamén é utilizada no tratamento dos arrefriados e a gripe.

Unha infusión feita da raíz seca usouse no tratamento da gripe, nos sangrados e como cataplasma en edemas e mordeduras de serpentes.

Os talos aéreos se utilizaron no tratamento da dor nas pernas.

Notas editar

  1. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland.
  2. cala, 3ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. "Calla palustris". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  4. Calla palustris L. no GBIF. Consultado o 31 de outubro de 2022.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar