CNBC Asia
CNBC Asia é unha canle de información financeira filial da NBC Universal, constitúe o servizo para Asia e Oceanía da Consumer News and Business Channel (CNBC). Os seus programas preséntanse desde Singapur e Sidney e conta con oficinas en Toquio e Hong Kong.
CNBC Asia | |
---|---|
Inicio das emisións | 1 de xaneiro de 1994 |
Operado por | CNBC |
Propiedade de | NBC Universal |
País | Singapur |
Lingua | Inglés |
Área de emisión | Asia, Oceanía |
Nome(s) anterior(es) | CNBC Asia Business News (entre xaneiro e xuño de 1998) |
Canle que substitúe | Asia Business News (en 1998) |
Canle/s irmá(s) | NBC Asia CNBC Asia CNBC Europe |
Dispoñibilidade | |
Satélite | |
Malaisia Astro | Canle 518 |
Tailandia TrueVisions | Canle 73 |
Australia Foxtel Digital | Canlel 652 |
Filipinas Dream Satellite TV | Canle 30 |
Indonesia Indovision | Canle 337 |
Hot Bird | 11127 v SR 27500 |
Nova Caledonia SKY Network Television | Canle 095 |
Cable | |
Singapur StarHub TV | Canle707 |
Australia Foxtel Digital | Canle 652 |
Australia Optus TV | Canle 652 |
Australia Neighbourhood Cable | Canle 48 |
Australia TransACT | Canle 13 |
Filipinas SkyCable | Canle 111 |
Filipinas Global Destiny Cable | Canle 25 |
Tailandia TrueVisions | Canle 73 |
Nova Caledonia TelstraClear InHomeTV | Canle 95 |
Indonesia First Media | Canle 238 |
IPTV | |
Taiwán Chunghwa Telecom MOD | Canle 78 |
Hong Kong Now TV | Canle 319 |
Filipinas PLDT My DSL (Watchpad) | Canle 1002 |
Na rede
| |
CNBC Asia |
Historia
editarA canle lanzouse o 1 de xaneiro de 1994 como canle irmá da NBC Asia e con sede en Hong Kong, durante os primeiros anos tiña poucos programas orixinais, ou ben eran versións dos da CNBC, como The Money Wheel ou eran directamente programas da CNBC ou CNBC Europe en directo ou en redifusión. O 1 de xuño de 1997 a NBC e Dow Jones & Company anunciaron a fusión das súas canles de noticias financeiras, o que resultou na unión en febreiro de 1998 da CNBC Asia con Asia Business News (ABN) con sede en Singapur co nome de CNBC Asia Business News pero aos poucos meses volveu ao nome de CNBC Asia. A canle resultado da fusión tiña unha maioría de programas e persoal procedente da ABN. En 1998 engadiu á súa programación CNBC Sports nas tardes das fins de semana e episodios de The Tonight Show with Jay Leno e Late Night with Conan O'Brien e estableceu programas rexionais. O 31 de decembro de 2005 a NBC volveu a controlar totalmente a canle. Parte da súa programación emítea en directo a CNBC World e algún programa tamén pola madrugada na CNBC Europe.