Congreso Internacional de Arquitectura Moderna

(Redirección desde «CIAM»)

O Congrès International d'Architecture Moderne, fundado en 1928 e disolto en 1959, tamén coñecido como CIAM ou Congreso Internacional de Arquitectura Moderna, foi o laboratorio de ideas do Movemento Moderno (ou Estilo Internacional) en arquitectura. Os CIAM constaban dunha organización e unha serie de conferencias e reunións.

Formación e membros editar

Os CIAM fundáronse en xuño de 1928 no castelo de La Sarraz en Suíza por un grupo de 28 arquitectos europeos comandados por Le Corbusier, Hélène de Mandrot (propietaria do castelo), e Sigfried Giedion (o primeiro secretario).

Outros membros fundadores foron Karl Moser (primeiro presidente), Victor Bourgeois, Pierre Chareau, Josef Frank, Gabriel Guevrekian, Max Ernst Haefeli, Hugo Häring, Arnold Höchel, Huib Hoste, Pierre Jeanneret (curmán de Le Corbusier), André Lurçat, Ernst May, Fernando García Mercadal, Hannes Meyer, Werner Max Moser, Carlo Enrico Rava, Gerrit Rietveld, Alberto Sartoris, Hans Schmidt, Mart Stam, Rudolf Steiger, Henri-Robert Von der Mühll, e Juan de Zavala.

El Lissitzky, Nikolai Kolli e Moisei Ginzburg foron os delegados soviéticos, xa que para a conferencia de La Sarraz non puideron conseguilos visados.

Outros membros e participantes notables foron Alvar Aalto, Paul Lester Wiener e Hendrik Petrus Berlage. En 1931, Harwell Hamilton Harris foi elixido secretario americano dos CIAM.

CIRPAC editar

A executiva electa do CIAM era o CIRPAC, o Comité Internacional para a Resolución dos Problemas da Arquitectura Contemporánea (Comité International pour la Résolution des Problèmes de l’Architecture Contemporaine).

Conferencias editar

Disolución editar

A organización do CIAM disólvese en 1959 debido as diferenzas nos puntos de vista dos membros. Le Corbusier xa deixara a organización en 1955.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Le Corbusier (org.); Carta de Atenas.
  • Eric Mumford; The CIAM discourse on urbanism. ISBN 0-262-13364-4
  • Ana Cláudia Castilho Barone; Team X: Arquitectura como crítica. ISBN 85-7419-273-2