Fernando Meleiro

avogado e político galego
(Redirección desde «César Fernando Meleiro Fernández»)

César Fernando Meleiro Fernández, nado en Ribadavia en 1899 e finado en Ourense o 8 de xullo de 1963, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaFernando Meleiro
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 346566 BNE: XX1362839

Traxectoria

editar

Fillo do rexistrador Darío Meleiro Tejada e de Eugenia Fernández Román. Estudou o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Celanova.[1] Licenciado en Dereito. Presidiu a Sociedad Cultural Curros Enríquez de Celanova en 1927.[2] Colaborou en Galicia. Abriu bufete en Ourense en 1934. Fundador e xefe provincial de Falange de Ourense dende 1934, despois foi conselleiro nacional e xefe territorial de Falange de Galicia.[3] Fuxiu a Portugal para evitar a detención polas redadas ordenadas polo goberno contra Falange. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi combatente. Foi nomeado xefe provincial de Falange de Ourense a finais de 1936.[4] Delegado provincial de Justicia y Derecho a principios dos anos corenta,[5] foi concelleiro, primeiro tenente-alcalde de Ourense e deputado provincial, ademais de inspector provincial de Falange.[6] Nomeárono delegado provincial do Ministerio de Vivenda en Ourense en 1957.[7] Finou en Ourense o 8 de xullo de 1963.[8]

  • Anecdotario de la Falange de Orense, 1957.

Recoñecementos

editar

Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros en 1952.[9]

Vida persoal

editar

Casou en Ourense con Elena Muñiz Guerra, filla de Olegario Muñiz Álvarez, en 1938.[10]

  1. Noticiero de Vigo, 29-7-1913, p. 1.
  2. Vida Gallega, 10-1-1927, p. 24.
  3. Alborada, 25-12-1935, p. 6.
  4. El Ideal Gallego, 5-1-1937, p. 2.
  5. La Región, 25-1-1940, p. 3.
  6. La Región, 7-6-1950, p. 3.
  7. La Región, 23-11-1957, p. 6.
  8. Necrolóxicas en La Región, 8-7-1963, p. 9, 10 e 14.
  9. La Región, 30-10-1952, p. 4.
  10. La Región, 31-5-1938, p. 4.