César Barja

escritor e crítico literario galego

César Barja Carral, nado en Trasparga (Guitiriz) o 1 de outubro de 1890 e finado nos Ánxeles o 17 de xuño de 1951, foi un escritor e crítico literario galego.

César Barja
Nacemento1 de outubro de 1890
Lugar de nacementoTrasparga
Falecemento17 de xuño de 1951
Lugar de falecementoOs Ánxeles
NacionalidadeEspaña e Estados Unidos de América
Ocupaciónescritor, profesor universitario, crítico literario e romanista
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e logo na de Madrid, onde se licenciou en 1912 e onde se doutorou en 1915. A Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas outorgoulle unha bolsa para estudar filosofía na Universidade de Leipzig (1912-1914) e logo doutorouse na de Harvard (1916-1917). Ó seu remate aceptou unha oferta como profesor de español no Connecticut College e despois como profesor da mesma lingua na Universidade de Míchigan (1920-1921). Despois foi profesor auxiliar do Smith College (1921-1924) e lector da Universidade de California, e pasou a profesor asociado en 1927 e titular en 1930. Recibiu a nacionalidade norteamericana en 1931. Foi tamén catedrático de italiano entre 1941 e 1942. Elixido membro correspondente da Real Academia Española en 1947, en 1949 tamén foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.

ObraEditar

Escribiu tres libros de crítica literaria que constitúen, de feito, unha historia da literatura española en tres tomos desde os seus inicios: Libros y autores clásicos (1922), Libros y autores modernos (1925) e Libros y autores contemporáneos (1935). En 1926 publicou En torno al lirismo gallego del siglo XIX. Tamén colaborou en revistas con numerosos artigos e dirixiu a revista Modern Language Forum de 1934 a 1937. Publicou dous modestos volumes de poesía. Tamén traduciu obras de dereito de alemán, por exemplo de Viktor Cathrein.

TítulosEditar

  • Rosas y espinas místicas (Madrid, 1921).
  • Libros y Autores Clásicos (1922).
  • Rosalía de Castro (Nova York, 1923)
  • Libros y Autores Modernos (1925).
  • Libros y Autores Contemporáneos (1935).
  • En torno al lirismo gallego del siglo XIX (1926).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • H. Corbató, C. Epling, M. A. Zeitlin, Obituary of César Barja, Spanish and Portuguese: Los Angeles, pp. 1–5.