Abrir o menú principal

Cándido Alfonso González

xornalista e escritor galego

Cándido Alfonso González Tiradas, nado en Carballo o 13 de novembro de 1905 e finado en Buenos Aires o 26 de febreiro de 1966, foi un xornalista e escritor galego.

Cándido Alfonso González
Nacemento13 de novembro de 1905
 Carballo
Falecemento26 de febreiro de 1966
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cara 1918 marchou estudar a Miranda de Ebro no Colexio Jovenado de los Redentoristas El Espino, no que estivo cinco anos. Volveu a Carballo e estudou co profesor Francisco Perdigón. Finalmente marchou a Buenos Aires o 7 de xaneiro de 1925. Na capital arxentina desenvolveu un intenso labor no ámbito político e cultural da emigración galega. Colaborou na prensa, ás veces utilizando os pseudónimos Paio de Rebordelos, Alfonso A. Leriar e Xilo da Goubea, foi redactor e subdirector do semanario Galicia, subdirector de Opinión Gallega durante cinco anos e director de Orientación Gallega. Foi autor de comedias, dramas, poesía, lendas e glosas. Foi secretario da S.C.R. de Carballo Lar Bergantiñán nos anos cincuenta. Participou no Congreso da Emigración Galega de 1956 co relatorio "Da necesidade de arrequecer a nosa cultura. Teatro galego e radiotelefonía" e como representante da Juventud Republicana Federal Movimiento Federal con outro titulada "As sociedades galegas, o que se ten feito, o que se pode facer".

ObrasEditar

  • ¡Mal ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, 1954.

Foi autor de dramas, poesía, glosas, comedias como Mala Semilla (1932), Por la pendiente (1932); lendas como: "A moza do Risco Roxo", "O Castelo de lúa", "A tumba dos namorados"; estampas galegas: "Esfolla na eira" (en colaboración con Antón Comesaña), "Terra nosa" e "Adiós Ríos", publicadas en 1949 polo semanario Galicia.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar