Cáncaro
Este artigo trata sobre a planta, para o caranguexo ver artigo centola.
Cáncaro | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Primula vulgaris Huds. | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
P. acaulis (L.) |
O cáncaro[1] ou panqueixo (Primula vulgaris sinónimo P. acaulis (L.) Huds.) é unha especie de planta herbácea perenne da familia das primuláceas, de follas basais pilosas polo revés e flores amarelas. É común en Galiza nos valados, fragas e en xeral lugares frescos e sombrizos, preto dos ríos.
Tamén recibe os nomes dialectais de cáncere, cancro e primavera.
Distribución
editarÉ nativa do oeste e sur de Europa (dende as Illas Feroe e Noruega até o sur de Portugal, e leste de Alemaña, Ucraína, Crimea, e os Balcáns), noroeste de África (Alxeria), e suroeste de Asia (Turquía e leste de Irán).[2][3]
Descrición
editarÉ unha especie perenne, cunha roseta laxa de follas oblanceoladas a ovais, engurradas, irregularmente dentadas. Flores recendentes, de cor amarela pálida co centro máis escuro, que abrochan individualmente en rabiños áfilos de longos pelos, que saen da roseta foliar. Corola 2–4 cm de diámetro, con pétalos estendidos; cáliz tubular, angular, de lóbulos agudos lanceolados. Florea cedo na primavera, unha das primeiras flores que o fai en Europa, de aí o nome inglés (Primrose que vén do francés antigo primerose e á súa vez do latín medieval prima rosa, significando primeira 'rosa'[4]).
Hábitat
editarMedra en bosques, fragas, prados, ribeiras herbáceas, cantís e montañas. Normalmente preto dos ríos no sur de Galicia.
Taxonomía
editarPrimula vulgaris foi descrita por William Hudson e publicado en Fl. Angl. 70 1762.[5]
- Subespecies
Ten tres subespecies:
- Primula vulgaris subsp. vulgaris. Oeste e sur de Europa. Flores amarelas pálido.
- Primula vulgaris subsp. balearica (Willk.) W.W.Sm. & Forrest Illas Baleares (endémica). Flores brancas.
- Primula vulgaris subsp. sibthorpii (Hoffmanns.) W.W.Sm. & Forrest. Balcáns e suroeste de Asia. Flores rosas, vermellas ou púrpuras.
En Galiza descríbese coma: Primula vulgaris Huds., Primula acaulis (L.) L. subsp. acaulis ou P. grandiflora Lam. - PLANELLAS 1852; MERINO 1906; PAU 1921; SILVA PANDO 1994; GNZ. AZCARATE & AMIGO 1996; CASTROV. & al. 1997.
Pode hibridar coas primaveras mercadas doutras cores.
O cáncaro na cultura galega
editarA seguir o poema de Juan Barcia Caballero:
- Está o chan revestido / de soaviña de musgo verde alfombra / de cáncaros e rosas sementada.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2013.
- ↑ Flora Europaea: Primula vulgaris
- ↑ Germplasm Resources Information Network: Primula vulgaris Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ New Shorter Oxford English Dictionary, 1993
- ↑ Cáncaro en Trópicos
- ↑ "Sinónimos en GRIN". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 17 de febreiro de 2013.
- ↑ "Cáncaro en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2013.