Primulaceae, as primuláceas,[1] son unha familia de plantas fanerógamas anuais ou perennes (raramente matas) pertencente á orde Ericales, con 22 xéneros que inclúen coñecidas plantas de xardín, como as prímulas e flores silvestres, unhas 800 especies cosmopolitas, a maioría das rexións temperadas e frías do hemisferio boreal, moitas de montaña e outras acuáticas.

Descrición

editar

Caracterízanse polas súas follas simples, opostas, verticiladas, en roseta verdadeira ou falsa. Flores hermafroditas, case sempre actinomorfas ou cigomorfas, xeralmente pentámeras, gamopétalas, de ovario desenrolado por enriba dos verticilos ou en ocasións por debaixo, unilocular, con placentación basal, con heterostilia; solitarias ou en umbelas sobre un escapo. Froitos en cápsula ou pixidio.

Subfamilias

editar

Xéneros

editar
 
Dodecatheon

Os seguintes xéneros incluídos tradicionalmente na familia primulaceae, deberían, segundo Källersjö et al. (2000), pertencer á familia Myrsinaceae:

  • Aegicerataceae Blume
  • Anagallidaceae Batsch ex Borkh.
  • Ardisiaceae Juss.
  • Coridaceae J. Agardh
  • Embeliaceae J. Agardh
  • Lysimachiaceae Juss.
  • Maesaceae Anderb. et al.
  • Myrsinaceae R. Br., nom. cons.
  • Samolaceae Raf.
  • Theophrastaceae D. Don, nom. cons.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para primuláceas.
  2. USDA, ARS, National Genetic Resources Program.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar