Clarence Linden Crabbe II, nado en Oakland (California) o 7 de febreiro de 1908 e finado en Scottsdale (Arizona) o 23 de abril de 1983, coñecido profesionalmente como Buster Crabbe, foi un actor de cinema e televisión e nadador olímpico estadounidense[1] Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1932, o que lanzou a súa carreira no cinema e na televisión. Protagonizou numerosos filmes e seriais populares entre 1933 e a década de 1950,[2] interpretando os tres heroes da banda deseñada máis populares da década de 1930: Tarzán, Flash Gordon e Buck Rogers.

Infotaula de personaBuster Crabbe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Clarence Linden Crabbe, II Editar o valor em Wikidata
7 de febreiro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Oakland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 1983 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Scottsdale, Arizona, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaArizona Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBuster Crabb Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Sur de California Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , Corredor de bolsa , actor de televisión , actor , nadador , especialista de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoWéstern Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- USC Trojans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1932Xogos Olímpicos de 1932  (medalla de ouro olímpica)
1932swimming at the 1932 Summer Olympics – men's 400 metre freestyle (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1928Xogos Olímpicos de 1928  (Medalla de bronce olímpica)
1928swimming at the 1928 Summer Olympics – men's 1500 metre freestyle (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisEdward Clinton Crabbe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Agnes Lucy McNamara (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0185568 Allocine: 133554 Allmovie: p15518 TCM: 40488
Olympic.org: clarence-crabbe WikiTree: Crabbe-299 Find a Grave: 21280 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Crabbe era fillo de Lucy Agnes McNamara (1885-1959) e o axente inmobiliario Edward Clinton Simmons Crabbe I (1882-?). Naceu en Oakland e tivo un irmán, Edward Clinton Simmons Crabbe II (1909-1972). Crabbe creceu en Hawai e graduouse na Punahou School de Honolulu. Estudou na Universidade do Sur de California, onde foi o primeiro nadador All-America (1931) así como posuidor dun título da National Collegiate Athletic Association en 1931 en estilo libre. Tamén fixo parte da fraternidade Sigma Chi antes de graduarse en 1931.

Xogos olímpicos editar

Crabbe era un gran nadador e participou en dous Xogos Olímpicos, Ámsterdam 1928, onde gañou a medalla de bronce nos 1500 metros libres, e Os Ánxeles 1932, en que gañou a medalla de ouro nos 400 metros libres. Nestes últimos bateu o francés Jean Taris por unha décima de segundo.[3][4]

Crabbe participou no Aquacade de Billy Rose na Exposición Xeral de Nova York durante o segundo ano, en 1940, substituíndo a Johnny Weissmüller.

Hollywood editar

O papel de Crabbe no serial de cinema de 1933 Tarzan the Fearless foi o lanzamento dunha carreira de éxito en que o actor traballou en máis de cen filmes. Esa foi a única produción en que Crabbe interpretou a personaxe de Tarzán. En King of the Jungle (1933), Jungle Man (1941), e no serial de 1952 King of the Congo, interpretou papeis de "home da selva", mais non exactamente de Tarzán.[5]

Tamén encarnou o protagonista de Search for Beauty (1934), e o seu seguinte papel principal foi en 1936 como Flash Gordon no popular serial homónimo, personaxe que interpretou en dúas secuelas, estreadas por Universal en 1938 e 1940.

Outras personaxes que interpretou foron Billy the Kid, Buck Rogers e un membro da súa fraternidade real no filme musical The Sweetheart of Sigma Chi. Nalgúns dos seus filmes foi acreditado como Larry Crabbe ou Larry (Buster) Crabbe. O seu compañeiro na maioría dos seus westerns foi o actor Al St. John.

Televisión editar

Crabbe actuou na serie televisiva Captain Gallant of the Foreign Legion (1955 a 1957), interpretando o Capitán Michael Gallart. A serie emitiuse en NBC. O seu fillo, Cullen Crabbe, actuou no programa como "Cuffy Sanders".

Crabbe actuou de xeito regular na televisión, incluíndo un episodio da serie de 1979 Buck Rogers in the 25th Century, en que interpretou un piloto de combate retirado chamado "Brigadier Gordon" en honra de Flash Gordon.

Últimos anos editar

A carreira cinematográfica de Crabbe declinou nas décadas de 1950 e 1960. Porén, nese período Crabbe dedicouse aos negocios e traballou como corretor.

A mediados da década de 1950 adquiriu o campus da antiga escola Adirondack-Florida School preparatoria nas proximidades de Onchiota, Nova York, nos montes Adirondack. Renomeada como Buster Crabbe's Meenahga Lodge,[6] empregouse para que rapaces de oito a catorce anos practicasen a natación, con polo menos un instrutor hawaiano. Ademais, no verán representábanse algunhas obras musicais baixo a guía de varios expertos en arte dramática.

Durante esa época, Crabbe sumouse á compañía fabricante de piscinas Cascade Industries Inc. como promotor e voceiro da mesma, permanecendo nela ata o seu pasamento.

A pesar de todas estas actividades, nunca abandonou a interpretación e continuou a traballar en numerosos filmes con baixos orzamentos. Unha das súas interpretacións realizouna na longametraxe de 1982 The Comeback Trail un ano antes de falecer. Tamén acutou en anuncios televisivos[7] para compañías como Hormel Chili e Magic Mold Bodyshirt.

En 1965, foi incluído no International Swimming Hall of Fame. Durante a súa carreira de natación como sénior, Crabbe estableceu 16 récords do mundo e 35 récords nacionais.[8] Continuou a nadar despois de cumprir sesenta anos e en 1971 estableceu unha marca mundial para o seu grupo de idade.[9]

Buster Crabbe faleceu o 23 de abril de 1983, aos 75 anos, por mor dun infarto agudo de miocardio en Scottsdale, Arizona,[2] e foi enterrado no cemiterio Green Acres Memorial Gardens.

Vida persoal editar

En 1933, casou con Adah Virginia Held (1912–2004) e deuse un ano para converterse en actor. Se non o conseguía, comezaría a estudar leis na Universidade do Sur de California.

Crabbe e a súa esposa tiveron dúas fillas, Sande e Susan, e un fillo, Cullen. En 1957, Sande faleceu de anorexia nerviosa con 20 anos.[10]

Crabbe é o avó materno do adestrador de fútbol universitario Nick Holt.[11]

Filmografía editar

Seriais

Notas editar

  1. Coma no caso de moitas estrelas de Hollywood existen discrepancias entre a data de nacemento dada nos documentos oficiais e a que aparece nas biografías publicitarias de Hollywood. O seu certificado de nacemento e a Seguridade Social indican o nacemento como 7 de febreiro de 1908.
  2. 2,0 2,1 "Buster Crabbe profile". The Philadelphia Inquirer. 24 de abril de 1983. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  3. "Buster Crabbe Wins 400 Meter Olympic Swim". Chicago Tribune. 11 de agosto de 1932. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 20 de abril de 2010. Clarence [Buster] Crabbe, who learned his swimming in the Hawaiian islands, came from behind today to stage a Surprise victory for the United States in the 400-meter free style finals of the Olympic games before a crowd of 12,000. 
  4. "Who Won". Time. 11 de abril de 1932. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2005. Consultado o 20 de abril de 2010. Clarence (Buster) Crabbe, 22, of Los Angeles, ablest distance swimmer in the United States: the 1,500-metre race in the A.A.U. championships, at New Haven, lowering his own American record by 20.9 seconds to 19:45.6. Later he won two other championships: the 300 yard medley and 500 yard free style. Los Angeles won the team championship with 45 points to New York's 37. 
  5. O "home da selva" tamén é un recurso literario e da banda deseñada, como "Tarzánido".
  6. "Adirondack Museum". Adirondack Museum. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2007. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  7. "Flash Gordon Conquers the Universe". Fulvuedrive-in.com. 20 de marzo de 2006. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  8. Buster Crabbe (USA) Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. – Honor Swimmer profile at International Swimming Hall of Fame
  9. "Buster Crabbe". Arquivado dende o orixinal o 2020-04-17. 
  10. "Buster Crabbe Daughter Dies of Strange Illness. Doctor Refuses to Sign Death Certificate for Girl, 20, Who Weighed Only 60 Pounds". Los Angeles Times. 12 de abril de 1957. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  11. Condotta, Bob (6 de xaneiro de 2009). "UW football hires USC's Nick Holt as defensive coordinator". Seattle Times. Consultado o 16 de agosto de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar