Coordenadas: 38°37′21″N 90°11′35″O / 38.6225, -90.193056

O Busch Stadium, a miñudo chamado New Busch Stadium ou Busch Stadium III, é un parque de béisbol situado en St. Louis, Missouri (Estados Unidos). É o estadio local dos St. Louis Cardinals da Major League Baseball (MLB). O estadio, con capacidade para 45.494 espectadores, substituíu o antigo Busch Memorial Stadium (tamén coñecido como Busch Stadium II), ocupando parte dos terreos nos que se erixía. Anexa ao recinto hai unha área comercial coñecida como Ballpark Village. O estadio foi inaugurado o 4 de abril cun encontro entre os Memphis Redbirds e os Springfield Cardinals, equipo afiliado aos St. Loius Cardinals das Ligas Menores. O primeiro partido oficial de Ligas Maiores foi uns días despois, o 10 de abril, nun xogo en que os Cardinals venceron aos Milwaukee Brewers por 6–4.

Busch Stadium
Datos
LocalizaciónSt. Louis, Estados Unidos
AlcumeBusch Stadium III
Baseball Heaven
Construción
Construción17 de xaneiro de 2004
Inauguración4 de abril de 2006
ArquitectoPopulous
Kennedy Associates/Architects Inc.
EnxeñeiroBliss & Nyitray, Inc.
M-E Engineers, Inc.
Custo$365 millóns (2006)
Estadio
SuperficieKentucky Bluegrass (herba natural)
DimensiónsLeft field − 336 ft (102 m)
Left center field − 375 ft (114 m)
Center field − 400 ft (122 m)
Right center field − 375 ft (114 m)
Right field − 335 ft (102 m)
Capacidade45.494 espectadores
Asist. máxima48.052 (29 de xullo de 2017)
D-backs 7−1 Cardinals (MLB)
PropietarioSt. Louis Cardinals
OperaradoraSt. Louis Cardinals
LocalíaSt. Louis Cardinals (2006– )

Este estadio é o terceiro en St. Luois en levar o nome de Busch Stadium. O primeiro foi o Sportsman's Park, o cal adoptou o nome de Busch Stadium en 1953 na honra do dono da franquía, Gussie Busch. Este primeiro estadio fechou en 1966, tendo que trasladarse tanto os Cardinals de béisbol como o equipo homónimo da National Football League (hoxe Arizona Cardinals) a un novo estadio, o Busch Memorial Stadium. Con todo, o actual nome non é debido a Gussie Busch senón ao patrocinio da compañía Anheuser-Busch. O dereito de nomenclatura do estadio da empresa finaliza no ano 2026.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar