Abrir o menú principal

Buscando el norte é unha serie de televisión cómica española producida por Aparte Producciones para a súa emisión en Antena 3. É a adaptación do filme Perdiendo el norte. A súa estrea foi o 10 de febreiro de 2016.

FormatoComedia
IntérpretesBelén Cuesta
Antonio Velázquez
Terele Pávez
Silvia Alonso
Goizalde Núñez
Fele Martínez
Jesús Carroza
Elisa Mouliaá
País de orixeEspaña España
Episodios8
Duración90 min aprox.
Canle de orixeAntena 3 Antena 3
Primeira emisión10 de febreiro de 2016
Derradeira emisiónactualidade
Páxina web
Ficha na IMDb

ArgumentoEditar

Álex (Antonio Velázquez), un enfermeiro, e a súa irmá Carol (Belén Cuesta), unha deseñadora gráfica, que deciden irse a Berlín ante o pobre panorama do mercado laboral español. Con eles irase Manuela (Elisa Mouliaá) a noiva de Álex, de 30 anos e tola da planificación. Tanto que, nos 8 anos de relación co enfermeiro xa decidiu cando e como tiña que coñecer aos seus pais, cando e como Álex debía pedirlle matrimonio, que anel teríalle que regalar ou que hipoteca habería de asinar.

Lucas (Fele Martínez) é un home de 37 anos que traballaba como funcionario nun concello. Esa era a súa meta na vida, ter un traballo tranquilo e unha vida moderadamente resolta. Conseguiría o seu soño de non ser por Flor (Bárbara Santa-Cruz), a súa muller, que ten outras metas. Ela é executiva dunha gran empresa e ten que trasladarse a Berlín, polo que Lucas deberá renunciar á súa praza no concello e marcharse xunto á súa esposa a Alemaña.

Adela (Silvia Alonso) é unha moza filóloga xermánica establecida en Berlín como profesora de clases de alemán, colaborando cunha axencia para facilitar as oportunidades laborais dos emigrantes que recibe Alemaña. En canto á súa situación persoal, Adela é filla única e, habendo sido abandonada polo seu pai, tratará de mellorar as condicións de vida da súa nai axudándoa a pagar as súas facturas. O seu pai (Luis Zahera) aparecerá para instalarse con ela.

Nines (Terele Pávez) é unha granadina que emigrou a Alemaña na súa mocidade, e agora pasa os seus últimos días nunha residencia de anciáns. Chus (Goizalde Núñez) é unha española que tivo que separarse dos seus fillos porqué tiña que irse ao país xermánico a buscar un traballo e a reencontrarse co seu home (Jorge Bosch) que xa emigrara anteriormente. Arturo (Jesús Carroza) é o mellor amigo de Álex.

Ulrike (Kimberley Tell) é a responsable da residencia alemá onde Nines vive e na que acaba Álex traballando. Os seus pais, Marcelino e Anke (Ferran Rañé e Gillian Apter), son propietarios dun bar na capital alemá, lugar de reunión para os emigrantes españois.

Actores e personaxesEditar

Episodios e audienciasEditar

O primeiro episodio da serie estreouse de maneira simultánea en tres canles do grupo Atresmedia: Antena 3, Neox e Atreseries.[1]

As audiencias do primeiro episodio foron en total (4.246.000 e 23,4%):

Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Share
1 8 10 de febreiro de 2016 6 de abril de 2016 2 755 000 15,3%[2]

Primeira tempada (2016)Editar

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Director(es) Data de emisión Audiencia
11 "El sueño inglés" Antonio Sánchez Olivas10 de febreiro de 20163 466 000 (19,1%)
22 "Berlín para principiantes" Antonio Sánchez Olivas17 de febreiro de 20163 765 000 (20,7%)
33 "Los alemanes son de Marte y los españoles de Venus" Oriol Ferrer24 de febreiro de 20162 391 000 (12,9%)
44 "La soledad del corredor de fondo" Oriol Ferrer2 de marzo de 20162 744 000 (15,8%)
55 "Fútbol es fussball" Javi Luna9 de marzo de 20162 520 000 (13,9%)
66 "Mentiras arriesgadas" Javi Luna16 de marzo de 20162 274 000 (12,9%)
77 "Amar por encima de nuestras posibilidades" Oriol Ferrer30 de marzo de 20162 634 000 (14,5%)
88 "La tormenta perfecta" Oriol Ferrer6 de abril de 20162 246 000 (12,3%)

Véxase taménEditar