Fele Martínez, nado como Rafael Martínez o 22 de febreiro de 1975, é un actor español gañador dun Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa interpretación no filme Tesis, de Alejandro Amenábar.

Fele Martínez
Martínez no ano 2017.
Nome completoRafael Martínez.
Nacemento22 de febreiro de 1975 (48 anos)
LugarAlacant, España España
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActor
Na rede
IMDB: nm0555093 Allocine: 20622 Allmovie: p232717
Twitter: felemanypon Instagram: feleman Discogs: 3748024 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa carreira no cine comezou da man de Alejandro Amenábar, quen lle ofreceu un papel na súa primeira obra Tesis. Pola súa interpretación, Fele recibiu o Premio Goya ó mellor actor revelación no ano 1996.[1] Entre os seus outros filme salientan Abre los ojos (Amenábar, 1997),[2] Los amantes del círculo polar (Julio Medem, 1998), El arte de morir (Álvaro Fernández Armero, 1999), Capitães de Abril (María de Medeiros, 1999), Tuno negro (Pedro L. Barbero e Vicente J. Martín, 2000) e La mala educación (Pedro Almodóvar, 2004).[2]

Tamén participou en varios proxectos independentes, incluíndo as curtametraxes Pasaia (1996), coa cal gañou o premio a mellor actor no Festival de Cine de Elx, Amigos (1997), La cartera (2000), e El castigo del ángel (2002) que tamén dirixiu.

Notas editar

  1. "Almodovar's Other Bad Boy". FilmStew. 12 de abril de 2005. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 20 de novembro de 2009. 
  2. 2,0 2,1 Vigil, Delfin (19 de decembro de 2004). "Actor Fele Martinez grows up". San Francisco Chronicle. Consultado o 20 de novembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar