Tesis

filme de 1996 dirixido por Alejandro Amenábar

Tesis é o filme español dirixido por Alejandro Amenábar que se estreou no ano 1996. Está protagonizada por Ana Torrent, Fele Martínez e Eduardo Noriega. É a primeira longametraxe de Amenábar. A súa distribuidora é United Universal Pictures e CIA.S.R.C[2] e baséase no guión orixinal de Amenábar sobre un asasinato nunha universidade. Tesis estreouse na sección Panorama do Festival de Berlín e gañou o Premio do Público do Festival de Annecy.[3]

Tesis
Ficha técnica
Título orixinalTesis
DirectorAlejandro Amenábar
ProdutorEmiliano Otegui
José Luis Cuerda
GuiónAlejandro Amenábar
IntérpretesAna Torrent
Fele Martínez
Eduardo Noriega
MúsicaAlejandro Amenábar
FotografíaHans Burmann
MontaxeMaría Elena Sainz de Rozas
EstudioLas Producciones del Escorpión, S.L.
Sogepaq
DistribuidoraUniversal Pictures[1]
Estrea12 de abril de 1996
Duración125 minutos
OrixeEspaña España
XéneroSuspense
Orzamento721 214 €
Na rede
IMDB: tt0117883 Filmaffinity: 531662 Allocine: 15503 Rottentomatoes: m/thesis Allmovie: v136126 TCM: 524312 Netlix: 60000287 Editar o valor en Wikidata

Cun notable éxito de crítica e público, o filme foi rodado mentres Amenábar aínda estaba a estudar na Universidade Complutense de Madrid.[4] Obtivo varios premios, entre eles sete Premios Goya nos que salienta os de mellor película, mellor guión orixinal e mellor director novel.[5]

Sinopse

editar

Ángela (Ana Torrent) é unha estudante de imaxe que prepara a súa tese sobre a violencia audiovisual,[6] cara á que non pode evitar sentir certa atracción. A partir de aí, chegará a descubrir o mundo das snuff movies e ata a involucrarse nel máis do que ela desexara.

Personaxes

editar

Premios

editar
Categoría Persoa Resultado
Mellor película Gañadora
Mellor dirección novel Alejandro Amenábar Gañador
Mellor actriz Ana Torrent Candidata
Mellor actor revelación Fele Martínez Gañador
Mellor guión orixinal Alejandro Amenábar Gañador
Mellor dirección de produción Carlos Bernases Gañador
Mellor montaxe Mª Elena Sainz de Rozas Gañadora
Mellor son Daniel Goldstein, Ricardo Steinberg, Afonso Pino Gañadores

Produción

editar

Está rodada, en parte, na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid na que estudou Amenábar. A rodaxe tivo que facerse no mes de agosto, cando estas instalacións quedaban baleiras.

  1. "Film #257: Tesis". Lumiere. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  2. "Ministerio de educación y cultura." (PDF). Consultado o 18 de maio de 2022. 
  3. "El Correo. Peródico.". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2021. Consultado o 18 de maio de 2022. 
  4. "Tesis (1996) - IMDB". imdb.com. 
  5. "Tesis (Alejandro Amenábar, 1996) | Sombras de Luna". Consultado o 2021-05-21. 
  6. "Filmoteca de Extremadura. Sinopsis e información.". 27 de maio de 2022.