Bujumbura
Bujumbura ou Buiumbura[1], cidade cunha poboación estimada 330.504 habitantes (2005), é a cidade máis grande do Estado africano de Burundi e da provincia de Bujumbura Mairie, en África centro-oriental. Foi a capital do país ata 2019, cando esta se trasladou a Gitega.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Burundi | ||||
Província (pt) | Bujumbura Mairie | ||||
Capital de | Ruanda-Urundi (pt) Bujumbura Mairie Usumbura District (en) Reino de Burundi (pt) (–1912) Burundi (1962–2019) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 658.859 (2014) (7.613,35 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 86,54 km² | ||||
Bañado por | Lago Tanganica | ||||
Altitude | 774 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Cronoloxía | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | mairiebujumbura.gov.bi |
A cidade está situada ás beiras do lago Tanganica e é o seu centro, económico e de comunicacións. A súa área metropolitana abranxía 901.345 habitantes en 2005.
Urbanismo
editarO centro da cidade posúe as trazas dunha cidade colonial cun grande mercado, o estado nacional, unha grande mesquita e a sé catedral da arquidiocese de Bujumbura.
Hai varios museos, dos que compre salientar o Museo da Vida e o Museo Xeolóxico. Outras atraccións, xa nos arredores, son: o Parque Nacional Rusizi, o Monumento a Livingstone e Stanley en Mugere e as fontes do tributario máis meridional do Nilo, que os locais sinalan como nacemento mesmo dese magno río.
Bujumbura está dotada de praias excelentes sobre o lago Tanganica.
Historia
editarBujumbura deixou de ser unha pequena aldea, cando se tornou nun asentamento militar da África Oriental Alemá no ano 1889. Despois da primeira guerra mundial converteuse no centro administrativo do mandato belga da Sociedade de Nacións en Ruanda-Urundi. O nome da cidade foi cambiado de Usumbura a Bujumbura cando Burundi conseguiu ser independente en 1962. Desde a independencia, Bujumbura ten sido escenario de frecuentes combates entre os dous principais grupos étnicos do país, con milicias hutus que se opoñen ao exército de Burundi, dominado polos tutsis.
Economía
editarBujumbura é o porto máis importante de Burundi e embarca a maior parte dos principais produtos de exportación do país, como café, algodón, coiros e mineral de estaño. A súa industria produce cementos, tecidos e xabóns.
Comunicacións
editarUn ferryboat une Bujumbura con Kigoma en Tanzania, a través do lago Tanganica. A estrada, ou mellor pista, con 1.500 km de lonxitude, que a liga con Nairobi, Kenya, é a vía terrestre máis transitada, e por onde sae a maior parte dos produtos de exportación. Ademais posúe o Aeroporto Internacional de Bujumbura.
Educación
editarA cidade e sede da Universidade de Bujumbura, fundada en 1960.
Galería
editar-
Imaxe satélite de Bujumbura
-
Catedral de Bujumbura
-
Vista da praia, no oeste da cidade
Notas
editar- ↑ "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016.
- ↑ "Gitega é a nova capital política do Burundi" (en portugués). 24 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Bujumbura |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Bujumbura |