Brut y Tywysogion

crónica medieval galesa

Brut y Tywysogion (Crónica dos príncipes) é unha das máis importantes fontes primarias para a historia de Gales. É unha crónica analística que serve como continuación da Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth.

Brut y Tywysogion
Lingualingua galesa
editar datos en Wikidata ]
Parte da versión galesa do Brut y Tywysogion que consta no Llyfr Coch Hergest (columnas 240 e 241, que contan a historia de Gruffudd ap Cynan).

Características editar

Brut y Tywysogion sobreviviu a través de varias traducións galesas dun orixinal latino que non conservamos. As versións máis importantes son a do Peniarth MS. 20 e a algo menos completa do Libro Vermello de Hergest. A versión coñecida como Brenhinoedd y Saeson (Reis dos ingleses) combina material dos anais galeses e materiais dunha fonte inglesa.

A versión do Peniarth MS. 20 comeza en 682 coa mención da morte de Cadwaladr e remata en 1332. As entradas dos derradeiros anos son breves, normalmente citas de mortes e eventos como eclipses, pragas ou terremotos, pero as anteriores daban moitos máis detalles. O foco principal está sobre os gobernantes dos reinos de Gwynedd, Powys e Deheubarth, pero tamén se citan acontecementos eclesiásticos, tales como a data de celebración da Pascua na igrexa galesa en liña con Roma por "Elbodius" (Elfodd), bispo de Bangor, en 768. Tamén aparecen referidos brevemente acontecementos de Inglaterra, Irlanda, Escocia e, por veces, Francia.

Os anais monásticos orixinais pénsase que se escribiron na Abadía de Strata Florida, pero tamén puido ser que se tomasen cousas da vella abadía de Llanbadarn Fawr no século XI. Tamén se empregaron anais doutras abadías na composición. Polo menos unha das traducións galesas pénsase tamén que puido ser escrita en Strata Florida.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • John Edward Lloyd, The Welsh Chronicles (Londres: H. Milford, 1929).
  • Ian R. Jack, Medieval Wales (Ithaca: Cornell University Press, 1972).
  • Thomas Jones, ed. Brut y Tywysogyon: Red Book of Hergest Version (Cardiff: University of Wales Press, 1973).
  • Thomas Jones, ed. Brut y Tywysogyon: Peniarth MS. 20 Version (Cardiff: University of Wales Press, 1952).

Ligazóns externas editar