Bruce Condé
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2022.) |
Bruce Condé, nado en San Juan Capistrano (California) o 5 de decembro de 1913 e finado en Marrocos o 20 de xullo de 1992, foi un aventureiro norteamericano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1913 Condado de Orange, Estados Unidos de América |
Morte | 19 de xullo de 1992 (78 anos) Marrocos |
Relixión | Islam |
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles |
Actividade | |
Ocupación | líder militar, oficial |
Carreira militar | |
Lealdade | Estados Unidos de América e Reino do Iêmen (pt) |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Conflito | Campanha Norte-Africana (pt) guerra civil do Iemen do Norte |
Familia | |
Fillos | Alexis Brimeyer |
Traxectoria
editarRecibiu educación universitaria nos Ánxeles e foi profesor en diversas academias militares dos Estados Unidos antes da segunda guerra mundial, durante esta loitou en África do Norte e nas Ardenas chegando a capitán. Unha vez se renderon os alemáns foi destinado ó Pacífico co grao de comandante, máis logo pasou a servizo de contrainformación das Forzas Aéreas (USAF).
Tras deixar o exército nada se sabe del ata que aparece no Iemen, alí adoptou a súa cidadanía e a relixión islámica. Tras servir á monarquía iemení foi expulsado en 1958 para establecerse no Líbano como correspondente de Linn's Stamp News.
En 1963 foi nomeado conselleiro postal de Sharjah, abriu a primeira oficina postal do país e emitiu os primeiros selos deseñados polo propio Condé. Tras o derrocamento do xeque Al Qasimi volveu ó Iemen como xeneral do Exército Real e asesor postal, alí deseñou e emitiu gran variedade de selos cunha política filatélica que levaron a que o propio goberno do Iemen negase a lexitimidade ós seus selos e cancelacións. De novo Condé marchou para o Líbano onde seguiu a emitir selos fraudulentos do Iemen co propósito de enganar ós coleccionistas. Instalouse por un tempo en Granada e pasou os seus últimos anos en Marrocos.