Bratmobile

Grupo musical americano

Bratmobile foi unha banda estadounidense de punk rock formada en Olympia, Washington en 1991. Bratmobile foi un grupo da primeira xeración "riot grrrl", que apareceu no underground do norte da costa oeste e en Washington, D.C. O grupo estivo influenciado por varios estilos musicais eclécticos, incluíndo elementos de pop, surf, e garage rock.

Bratmobile
OrixeOlympia, Washington,
Período1991 - 1994
1999 - 2003
Xénero(s)riot grrrl, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Kill Rock Stars, Lookout!
MembrosAllison Wolfe
Erin Smith
Molly Neuman
Artistas relacionadosMocket, Sex Stains
Na rede
http://www.killrockstars.com/artists/bratmobile
Bandcamp: bratmobile Spotify: 3GTaO7e3uPaG0SJR7Hxy8L Last fm: Bratmobile Musicbrainz: d6dfbc0b-d737-49df-be8e-517b85985bcb Songkick: 238339 Discogs: 267486 Allmusic: mn0000615489 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Inicios

editar

Bratmobile formouse cando as estudantes da Universidade de Oregón Allison Wolfe e Molly Neuman colaboraron no influente fancine feminista Girl Germs.[1] Wolfe admitiu que ao principio eran "unha banda falsa" porque non tocaban instrumentos, pero compuxeran algunhas cancións que interpretaban a capela. O amigo de Neuman Calvin Johnson, un músico indie da escena de Olympia, pediulle realizar un concerto o día de San Valentín de 1991 con Bikini Kill e Some Velvet Sidewalk. Despois de confesarlle que non estaban nunha banda nun intento de evitar o concerto, finalmente accederon e buscaron a axuda de Robert Christie, membro de Some Velvet Sidewalk. Christie deixou que Bratmobile tomase prestado o local de ensaio e o equipo e recomendoulles escoitar aos Ramones para inspirarse. En resposta a ese consello Wolfe dixo que "Algo en min fixo clic. Como, está ben, se a meirande parte das bandas de punk rock de rapaces escoitan aos Ramones e así é como escriben as súas cancións, entón faremos o contrario e non escoitaremos a ningún Ramones e así soaremos diferente".[2] Con cinco cancións orixinais a banda realizou o seu primeiro concerto como un dúo de dúas mulleres no North Shore Surf Club de Olympia o 14 de febreiro de 1991, con Neuman e Wolfe compartindo tarefas na guitarra, batería e voces. Durante un breve período de tempo uniuse a elas a baixista Michelle Noel. Só tocaron un par de concertos con esa formación, incluído un con The Melvins e Beat Happening, tamén no Surf Club o 16 de maio de 1991.

Durante a primavera de 1991, Neuman e Wolfe foron a Washington, D.C. para seguir a Beat Happening e Nation of Ulysses na súa xira e intentaron traballar nunha nova forma de Bratmobile que, nesa época, incluía á artista Jen Smith e a Christina Billotte, de Slant 6 e Autoclave, na formación. Xuntas, gravaron e publicaron unha casete demo titulada Bratmobile DC. Calvin Johnson, de Beat Happening, presentara anteriormente a Neuman á guitarrista Erin Smith de Bethesda, Maryland, durante as vacacións de Nadal en decembro de 1990, nun concerto de Nation of Ulysses en Washington, D.C.. Smith era coautora, xunto co seu irmán, do venerado fanzine de cultura popular Teenage Gang Debs cando Neuman e Wolfe pedíronlle tocar con elas. Encaixaron, e en xullo de 1991 fixeron o seu primeiro converto como trío con Neuman na batería, Wolfe nas voces, e Erin Smith na guitarra. Estiveron xusto a punto para tocar na histórica International Pop Underground Convention en Olympia, Washington, converténdose na única banda en aparecer dúas veces.[1] Tocaron no concerto de apertura "Girl Night" e no Capitol Lake Park.

Dende os seus primeiros concertos Bratmobile foi considerada unha excitante e importante adición á fértil escena de principios dos 90 do noroeste estadounidense. Entre 1991 e 1994 Bratmobile publicou un álbum, Pottymouth, e un EP, The Real Janelle, a través do selo Kill Rock Stars, ademais de The Peel Session antes de que o intenso escrutinio dos medios e as presións internas do movemento Riot Grrrl acelerasen a disolución da banda (nos escenarios) no ano 1994.

Tras a disolución Molly Neuman mudouse á Área da Baía de San Francisco e comezou a traballar no selo discográfico Lookout! Records. Tamén tocou en The PeeChees e The Frumpies. Allison Wolfe marchu para Washington, D.C, e xunto con Erin Smith, que estaba en Maryland, formaron unha nova banda chamada Cold Cold Hearts. Wolfe tamén estivo activa no movemento feminista.[1]

Reforma

editar

No ano 1999 a banda decidiu reunirse para un pequeno concerto no Stork Club de Oakland, sendo relanzada para saír de xira xunto con Sleater-Kinney.

No 2000 Bratmobile publicou o seu segundo álbum de estudio, Ladies, Women and Girls. O disco foi aclamado pola crítica e gañou novos fans para Bratmobile, saíndo o grupo de xira con Sleater-Kinney, The Donnas e The Locust, entre outros. Ladies, Women and Girls foi editado a través do selo Lookout! Records e foi producido por Tim Green, de Nation of Ulysses e The Fucking Champs. Jon Nikki (Prima Donnas, Gene Defcon, Mocket, Sarah Dougher, Sir, Puce Moment) engadiu partes de guitarra, baixo e teclados ao son da banda.

O 7 de maio de 2002 Bratmobile lanzou o seu terceiro álbum, Girls Get Busy. Neste traballo, Audrey Marrs, (Mocket, Gene Defcon) engadiu teclados que lle deron ao álbum o seu distintivo novo son. Marty Violence (Young Pioneers) tamén colaborou tocando o baixo.

Despois de dedicar a meirande parte de 2002 e 2003 promocionando Girls Get Busy a través de xiras, as compoñentes da banda comezaron a dedicarse a outras cousas. Aínda que o grupo non se separou formalmente, Allison Wolfe puxo unha mensaxe o 30 de xaneiro de 2004 preocupada sobre o status da banda:

Yeah, sinto dicir que penso que Bratmobile rematou. Nunca tivemos un incidente onde alguén dixese "marcho" ou o que sexa, así que foi vago e prolongado. Síntoo se isto foi confuso para a xente. Creo que as tres temos diferentes formas de facer o que queremos agora, dentro e fóra da música. Molly estivo moi ocupada representando a The Donnas e The Locust, e como co-propietaria de Lookout! Records. Erin tamén está traballando a tempo completo en Lookout! Records. Estiven vivindo por todo o país, traballando en dous traballos a tempo parcial, e agora facendo outras cousas na música.Agora esou en Hawnay Troof, Baby Truth, e tamén nunha nova banda de rapazas en DC chamada Partyline.[3]

Discografía

editar

Álbums de estudio

editar
Álbum Ano Selo
Pottymouth 1993 Kill Rock Stars
Ladies, Women and Girls 2000 Lookout! Records
Girls Get Busy 2002 Lookout! Records
  1. 1,0 1,1 1,2 "Bratmobile". Kill Rock Stars (en inglés). 2012-02-13. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2019. Consultado o 2019-12-08. 
  2. Marcus, Sara. Girls to the Front: The True Story of the Riot Grrrl Revolution, 59-61
  3. "Bratmobile - Not In Dog Years | RockHuntrs". www.rockhuntrs.com. Consultado o 2019-12-09. [Ligazón morta]