Brais Ruanova
político galego
Brais Ruanova Vilas-Boas, nado en Bembrive (Vigo) en 1991,[1][2] é un técnico superior en química industrial e político do BNG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1991 (32/33 anos) Bembrive, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2024 – | |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro químico, político |
Empregador | Syngenta |
Partido político | Galiza Nova Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarTécnico superior en Química Industrial, traballou no departamento de produción dunha empresa multinacional do sector agroquímico. Dende 2017 foi Responsábel Comarcal de Galiza Nova[3] durante 5 anos e na actualidade é Responsábel de Organización do BNG na comarca de Vigo.[4][5]
Presentouse como número 5 na candidatura do BNG de Vigo nas eleccións municipais de 2019.[6] Nas eleccións xerais de 2023, ía no segundo posto na candidatura pola provincia de Pontevedra[6] e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, ía no posto número 7, conseguindo ser deputado autonómico.[7]
Notas
editar- ↑ Cruz, Saúl (8 de febreiro de 2024). "Brais Ruanova: "Temos que facer un seguimento laboral para que non se perda o talento xuvenil"". atlantico.net. Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ Cedrón, María; García calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". .lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de marzo de 2024.
- ↑ "Brais Ruanova, novo Responsábel Comarcal en Vigo". galizanova.gal. 20 de decembro de 2017. Consultado o 6 de marzo de 2024.
- ↑ "vigo.bng.ga". vigo.bng.gal. 18 de marzo de 2023. Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ Europa Press (27 de febreiro de 2023). "O BNG de Vigo presenta os dez primeiros postos da súa candidatura ás eleccións municipais". metropolitano.gal (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ 6,0 6,1 Europa Press (16 de xuño de 2023). "El vigués Brais Ruanova, segundo en la lista del BNG por Pontevedra al Congreso de los Diputados". metropolitano.gal (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2024.
- ↑ Redacción (19 de febreiro de 2024). "Las caras de Vigo en el «nuevo» Parlamento de Galicia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de marzo de 2024.