Bosnian Rainbows foi unha banda estadounidense de art rock procedente de El Paso, Texas, formada no ano 2012. O grupo estaba formado polos antigos membros de The Mars Volta Omar Rodríguez-López (guitarra, coros) e Deantoni Parks (batería, teclados), xunto coa vocalista de Le Butcherettes Teri Gender Bender e Nicci Kasper de KUDU e We Are Dark Angels (teclados).

Bosnian Rainbows
OrixeEl Paso, Texas,
Período2012 - 2013
Xénero(s)indie rock, rock alternativo, art rock, rock experimental, rock electrónico
Selo(s) discográfico(s)Clouds Hill, Sargent House, Rodriguez Lopez Productions
MembrosOmar Rodríguez-López
Teri Gender Bender
Deantoni Parks
Nicci Kasper
Artistas relacionadosThe Mars Volta, Omar Rodriguez-Lopez Group, Le Butcherettes, Kimono Kult, Dark Angels, Crystal Fairy
Na rede
http://bosnianrainbows.bandcamp.com
Facebook: BosnianRainbows Twitter: BosnianRainbows Instagram: bosnianrainbows Souncloud: bosnianrainbows Spotify: 26sni4GjXXHoWkWrBkyZnO iTunes: 609425327 Musicbrainz: 812920f1-0601-4d92-b1c9-a169f157476d Songkick: 5961074 Discogs: 3049054 Deezer: 4628187 Editar o valor em Wikidata

Inicialmente presentouse como unha variación do Omar Rodriguez Lopez Group e formouse tras a decisión de deixar o proxecto principal de Rodríguez-López, The Mars Volta, en hiato.[1]

Historia editar

En marzo de 2012 The Mars Volta publicou o seu sexto álbum, Noctourniquet, despois dun longo período de gravación de tres anos. Só se anunciaron 19 datas para a xira de promoción do disco, das cales 18 eran en Europa e a outra en Israel. Tras rematar a xira, Rodríguez-López regresou á súa cidade natal de El Paso, Texas, e formou Bosnian Rainbows coa súa frecuente colaboradora Teri Gender Bender de Le Butcherettes, co batería de The Mars Volta Deantoni Parks, e con Nicci Kasper, que anteriormente traballara con Parks en Kudu. Lembrando o nacemento do grupo Rodríguez-López destacou, "Atopeime só e aburrido. Entón é como, 'OK, nova fase - entremos e creemos un diálogo. Atopemos algunhas cousas".[2]

Rodríguez-López posteriormente puxo a The Mars Volta en hiato (aínda que a banda disolveuse catro meses máis tarde) co obxectivo de centrarse nun proxecto máis democrático, dicindo, "É unha banda. É algo no que non estiven en máis de once anos. [...] [The Mars Volta] foi o meu bebé: eu iniciei o grupo; eu bauticeino; reservei todas as nosas xiras. Fíxose coñecida como a miña familia, non a miña banda. Tiña que ter o control de todo e estaba dominando a todos, non só aos músicos".[2] Rodríguez-López explicou, "Facer películas fíxome colaborador, xa que é un medio tan grande que non podería facelo todo só, sabes? E tamén saír con todos os meus amigos, Jim e Tony e Paul, os rapaces de At the Drive-In, e estando nese espazo mental novamente, a vida te coloca exactamente onde precisas estar. Podes intentar afastarte del, pero sempre te recordará onde está o teu camiño. Así que si, este ano pasado foi unha experiencia realmente iluminadora para min".[3]

En setembro de 2012 Bosnian Rainbows iniciou a súa primeira xira baixo o nome de Omar Rodriguez Lopez Group,[4][5] con Rodríguez-López destacando, "A xira foi organizada cinco meses antes de empezala, e ía ser outra xira en solitario, pero nalgún momento decidín iniciar e facer un esforzo en equipo. Así que quedou reservado dun xeito, pero intentei deixar claro cada noite que era un novo grupo, e estes son os nomes dos músicos, e "grazas"".[3] A banda decidiu ensaiar nos Clouds Hill Studios en Hamburgo, Alemaña, e tamén usou o estudio como unha base para a xira. Rodríguez-López e Johann Scheerer, fundador do Clouds Hill coñecéranse en 2009 nas gravacións do proxecto de Johann Taka-Takaz. Durante os ensaios Bosnian Rainbows gravou unha sesión ao vivo, que foi editada nun vinilo de 10 polgadas e nun DVD como parte da box set de edición limitada Live at Clouds Hill en decembro de 2012. Tras a parte europea da xira a banda regresou ao estudio para gravar o seu álbum de estrea. O disco foi gravado e producido por Scheerer e agardábase para a primavera de 2013.[6][7]

Recordando as influencias e estética da banda, Rodríguez-López destacou, "Estas son cancións moito máis curtas e máis precisas [que as de The Mars Volta]. Aínda teñen espazos que se estenden, pero o que quero dicir é que son as mesmas influencias que tiven na meirande parte das miñas composicións e das da xente nas miñas bandas. Can está aí, Siouxsie and the Banshees está aí, Gang of Four está aí, todo o de Led Zeppelin, o que sexa... todas esas cousas están aí, son só elementos diferentes desas cousas. Falo máis curto. É máis básico, máis marcado. A cara moi melódica de Can; a cara moi textural de Siouxsie. colles todos eses elementos, e toma elementos que quizais non estabas explorando antes.[3]

O 23 de xaneiro de 2013 a banda editou o seu primeiro sinxelo, titulado "Torn Maps", a través de Soundcloud. Posteriormente, a canción foi publicada como sinxelo dixital a través da páxina de Bandcamp do grupo.[8] O 12 de febreiro de 2013, a súa segunda canción de estudio, "Turtle Neck", foi editada a través das páxinas de Soundcloud e Bandcamp da banda.

O álbum de estrea da banda, Bosnian Rainbows, foi publicado en todo o mundo a través do selo Clouds Hill Ltd o 25 de xuño de 2013.[9]

O 4 de outubro de 2016 anunciouse que Teri e Omar uniríanse aos membros de Melvins Buzz Osborne e Dale Crover nunha nova banda chamada Crystal Fairy.[10]

Membros editar

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Bosnian Rainbows 2013 Clouds Hill, Sargent House, Rodriguez Lopez Productions

Notas editar

  1. "Omar Rodriguez-Lopez on Bosnian Rainbows, Lessons from At The Drive-In, Mars Volta". Billboard. Consultado o 2019-10-28. 
  2. 2,0 2,1 "What’s in a Name? | Inland Empire Weekly". web.archive.org. 2012-10-21. Archived from the original on 21 de outubro de 2012. Consultado o 2019-11-30. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Kirby, Jeff (2012-10-19). "Going Deep with Omar Rodriguez-Lopez". City Arts Magazine (en inglés). Consultado o 2019-11-30. 
  4. "Bosnian Rainbows (aka Omar Rodriguez Lopez Group) / Live Reviews / Music News from THE FLY - The UK's Most Popular Music Magazine". web.archive.org. 2012-10-11. Archived from the original on 11 de outubro de 2012. Consultado o 2019-12-01. 
  5. "Omar Rodríguez-López Group, Stereo, 30 September | Live Review | The Skinny". www.theskinny.co.uk (en inglés). Consultado o 2019-12-01. 
  6. "Intervista a Johann Scheerer | The Mars Volta Italia". archive.is. 2013-02-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2013. Consultado o 2019-12-01. 
  7. "Clouds Hill". www.facebook.com. Consultado o 2019-12-01. 
  8. "Torn Maps, by Bosnian Rainbows". Bosnian Rainbows. Consultado o 2019-12-01. 
  9. "Bosnian Rainbows - Debut Album Release is June 25, 2013". Consultado o 2019-12-01. 
  10. "Crystal Fairy (Melvins, At the Drive-In) Announce Debut Album, Share New Song “Drugs on the Bus”: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-01.