Boselaphus tragocamelus

O nilgó[2] ou touro azul (Boselaphus tragocamelus) é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos.[3]

Boselaphus tragocamelus
Nilgó / Touro azul
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Xénero: Boselaphus
Blainville, 1816
Especie: B. tragocamelus
Nome binomial
Boselaphus tragocamelus
Pallas, 1766
Distribución de Boselaphus tragocamelus
Distribución de Boselaphus tragocamelus

Distribución de Boselaphus tragocamelus

É un antílope de gran tamaño e cornos pequenos, común nos bosques da India, e que foi importado aos Estados Unidos como animal de zoolóxico en 1920, e despois moitos individuos foron liberados en Texas en 1930.

É a única especie do seu xénero e non se recoñecen subespecies.[3]

Nilgó é unha palabra hindú que significa "touro azul".

Características editar

 
Femia de nilgó no deserto de Thar, Raiastán, India.

O nilgó é o antílope de maior tamaño de Asia.[4]

Presenta un marcado dimorfismo sexual.[5] Só ten cornos o macho, os cales son curtos e rectos,[5] tan só chegan a medir cando son adultos entre 15 e 24 cm.[4]

Mide de entre 120 a 150 cm de altura na cruz e ten unha lonxitude de cabeza e tronco de 180 a 210 cm. Pode chegar a pesar até 300 kg.[6]

As femias adoitan seren unha quinta parte menores.[7]

A pelaxe dos nilgós é curta, de cor parda amarelada nas femias e gris azulada nos machos adultos. Os tenreiros son de cor parda clara. O pelo dos adultos é delgado e aceitoso, pero a pel é grosa no peito e no pescozo dos machos. Presentan parches de cor branca na cara e por debaixo do mento. Nel esténdese nun amplo e branco babeiro na garganta. Nos machos, por debaixo desta pecheira pendura unha guedella de pelo ou barba, que pode ser de até 13 cm.

Unha banda branca ao longo da zona do peito vai a máis no abdome e se estende entre a parte superior da cara interna das patas traseiras.

A súa fórmula dentaria, típica nos bóvidos, é a seguinte: 0/3, 0/1, 3/3, 3/3 = 32.[4]

Distribución e hábitat editar

Está amplamente distribuído na India e en zonas de terras baixas do Nepal, así como en Paquistán, onde é considerado como raro.[8] Ademais, foi introducido en Texas, (Estados Unidos).[8]

Encóntrase en zonas áridas, de matogueiras e bosques secos, ademais de en zonas agrícolas, pero adoita evitar os desertos e os bosques densos.[8]

Bioloxía editar

Comportamento editar

 
Loita entre machos dominantes.
 
Femia de nilgó coas súas crías.

Habitualmente encóntrase en grupos de aproximadamente 10 animais, pero víronse mandas máis grandes, de 20 a 70 individuos. Os machos vellos son ás veces solitarios.[7]

É de hábitos diúrnos, presentando unha maior actividade nas primeiras horas da mañá e ás últimas da tarde.

Ten boa vista e oído, pero non ten un bo sentido do olfacto. Aínda que é normalmente silencioso, pode facer unha vocalización que roxe cando está alarmado. Cando é perseguido pode, coas súas longas e finas patas, alcanzar velocidades de até máis de 45 km/h.

Reprodución editar

Femias e machos permanecen separados durante a maior parte do ano, a excepción da época de cría. Para a reprodución fórmanse grupos integrado por un macho dominante e dunha a varias femias. O apareamento ten lugar habitualmente de decembro a marzo, pero pode ocorrer durante todo o ano. A femia pare, tras un período de xestación que vai de 243 a 247 días, unha ou dúas crías, excepcionalmente tres.[6] As femias poden concibir aos 18 meses de idade, pero moi poucas o fan antes dos 3 anos de idade. Os machos maduran sexualmente aos dous anos e medio, pero non poden competir con outros machos até os 4 anos.

Notas editar

  1. "Bosephalus tragocamelus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. nilgó no Gran dicionario século21. Galego/Castelán - Castelán/Galego. Editorial Galaxia / Edicións do Cumio, 2006.
  3. 3,0 3,1 Wulson & Reeder (2005)
  4. 4,0 4,1 4,2 David M. Leslie, Jr. (2008): "Boselaphus tragocamelus (Artiodactyla: Bovidae)" Mammalian Species '813: 1.16. The American Society of Mammalogists.
  5. 5,0 5,1 Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos, Tomo II. Historia Natural Destino, vol. 17. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X.
  6. 6,0 6,1 Ronald M. Nowak (1999): Walker's Mammals of the World. Volume 1, 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  7. 7,0 7,1 Hanák, V. & Mazák, V. (1991): Enciclopedia de los Animales. Mamíferos de todo el Mundo. Madrid: Editorial Susaeta. 84-305-1967-X.
  8. 8,0 8,1 8,2 Mallon, D. P. (2008): Bosephalus tragocamelus na Lista vermella da UICN. Versión 2014.2. Consultada o 08-10-2014.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar