Bornito de Sousa

político angolano

Bornito de Sousa Baltazar Diogo, nado en Quéssua, Provincia de Malanje o 23 de xullo de 1953, é un político angolano. Actualmente ocupa o cargo de Vicepresidente de Angola. Foi candidato a vicepresidente para o MPLA nas eleccións xerais de 2017, xunto con João Lourenço e membro da Asemblea Constituínte dende 2010. Xurou oficialmente o seu cargo como Vicepresidente o 26 de setembro de 2017.[1]

Infotaula de personaBornito de Sousa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Vice-Presidente de Angola (pt) Traducir
26 de setembro de 2017 – 14 de setembro de 2022
← Manuel Domingos Vicente (pt) TraducirEsperança Maria Eduardo Francisco da Costa (pt) Traducir →
Membro da Assembleia Nacional de Angola (pt) Traducir
27 de setembro de 2012 – agosto de 2022
Ministro da Administração do Território (pt) Traducir
6 de febreiro de 2010 – 26 de setembro de 2017
Membro da Assembleia Nacional de Angola (pt) Traducir

Lexislatura: 2nd National Assembly (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAngola Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Agostinho Neto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMPLA Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De Sousa naceu no concello de Quéssua. O seu pai, Job Baltazar Diogo, foi mestre de escola primaria, e tradutor kimbundu-portugués. Foi encarcerado pola axencia de seguridade portuguesa, PIDE-DGS. A súa nai, Catarina Manuel Simão Bento "Katika", era ama de casa.[2]

Estudou na Escola Primaria "Amor e Alegría", na Misión Metodista de Quéssua en Malanje e na Escola da Igrexa Metodista Unida en Luanda. Tamén asistiu ó Liceo Nacional Salvador Correia de Sá e Benevides en Luanda. Obtivo unha licenciatura en dereito da Universidade Agostinho Neto e unha licenciatura en ciencias da Escola Superior do Partido.

Carreira política editar

Comezou como militante do MPLA en Luanda (distrito de Marçal) á idade de 16 anos, en 1969, influenciado polos acontecementos que sucedían no veciño Congo, o arresto do seu pai, Job Baltazar Diogo, e o seu tío materno, o Luís Micolo. Foi encarcerado na prisión de San Pablo en Luanda e São Nicolau (actual Cabo Verde) polo PIDE dende xaneiro de 1971 até maio de 1974. Foi liberado en maio de 1974 despois da revolución do 25 de abril, xunto co seu irmán, o xeneral Baltazar Diogo Cristóvão. Comezou a súa carreira servindo como o primeiro Secretario Nacional da JMPLA. En 1976, converteuse no comisario político das Forzas Armadas de Angola.

Foi o presidente da Comisión Constitucional da Asemblea Nacional, que se encargou de redactar a constitución angolana de 2010. Tamén foi presidente do Grupo Parlamentario do MPLA até febreiro de 2010, cando foi nomeado Ministro de Administración Territorial o 2 de febreiro de 2010, e foi reelixido para o cargo o 1 de outubro de 2012, despois das eleccións de 2012.[3][4]

Vida persoal editar

Está casado con Maria José Rodrigues Ferreira Diogo.[5] Teñen 4 fillas: Nhenze Mpasi Diogo Mendes, Njolela Chili Diogo, Djamila do Carmo Diogo e Naulila Katika Diogo Graça.

Notas editar

  1. https://24.sapo.pt/atualidade/artigos/marcelo-assobiado-em-luanda
  2. "Bornito de Sousa Baltazar Diogo". Portal Oficial do Governo de Angola. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 06 de febreiro de 2019. 
  3. "Angola: Presidente da República nomeia novo executivo e vice-presidente". SAPO. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 06 de febreiro de 2019. 
  4. "João Lourenço indicado como cabeça de lista do MPLA". Valor Económico. 
  5. "Bornito de Sousa passa mal e é transferido para Espanha". Angola-Onlien.net.