Robert Charles 'Bob' Sweikert, nado o 20 de maio de 1926 nos Ánxeles (California) e finado o 17 de xuño de 1956 en Salem (Indiana), era un piloto de carreiras americano, coñecido como o ganador das 500 Millas de Indianápolis de 1955. A súa vitoria na "Indy 500" foi eclipsada polo accidente mortal do dúas veces gañador da carreira Bill Vukovich durante a carreira ese mesmo día. Sweikert terminou sexto en Indianápolis o mes de maio seguinte, pero morreu semanas máis tarde, aos 30 anos, en 1956 logo de chocar cun Sprint Car en Salem Speedway.[1]

Modelo:BiografíaBob Sweikert

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1926 Editar o valor en Wikidata
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xuño de 1956 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Salem, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLone Tree Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 1475 Editar o valor en Wikidata

Indy 500 resultados

editar
Ano Coche Inicio Cual. Clas. Pos. final Voltas Líder Retirada
1952 73 32 134.983 21 26 77 0 Diferencial
1953 51 29 136.872 11 20 151 0 Varilla do radio
1954 17 9 138.206 22 14 197 0 Bandeira
1955 6 14 139.996 11 1 200 86
1956 1 10 143.033 12 6 200 0
Totais 825 86
Saídas 5
Poles 0
1ª liña 0
Gañados 1
Top 5 1
Top 10 2
Retirado 2

Andaina no Campionato Mundial de F1

editar

As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato do Mundo FIA desde 1950 ata 1960 os pilotos que competiron na Indy durante eses anos foron acreditados con puntos para a participación no Campionato Mundial. Bob Sweikert participou en 5 carreiras do Mundial. Gañou 1 carreira e sumou un total de 8 puntos no campionato. Está empatado con Pat Flaherty no rexistro do piloto con menos puntos que gañou unha carreira.

Biografía

editar

Bob Sweikert creceu na preguerra nos Angeles. A súa nai casou co seu padrasto, un electricista do estado de California, cando Bob era un bebé. Bob criouse nos seus anos de adolescencia co seu medio irmán máis vello, Ed, que se alistou na Mariña dos Estados Unidos, e morreu ao pouco tempo, en 1942, no inicio da segunda guerra mundial. Ese ano a familia trasladouse brevemente a San Francisco, e a continuación, á baía da localidade rural de Hayward (California). Na escola secundaria Bob coñeceu á súa futura segunda esposa, Dorie.[2]

Desde os 16 anos Sweikert traballou como mecánico no concesionario local de Ford en Hayward. Un mecánico dotado de forma natural, participou con frecuencia e gañou carreiras nas rúas en toda a East Bay. Un dos seus competidores locais habituais nas rúas era Ed Elisian, un adolescente da veciña Oakland (California). Unha ducia de anos máis tarde, Elisian e Sweikert veríanse involucrados no duelo que provocou ao accidente mortal de Sweikert en Salem Speedway.

A finais de 1944, Sweikert alistouse nas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos, pero sufriu unha lesión grave no xeonllo mentres adestraba en Lowry Field en Colorado. Cando se recuperou a guerra terminara, foi dado de baixa honorablemente en setembro de 1945.

En 1947, Sweikert coñeceu á súa primeira esposa, Marion Edwards, nunha festa na UCLA. Sweikert regresou a Hayward e abriu o seu propio negocio, Sweikert Automotive, unha tenda de reparación de automóbiles con sede no garaxe dos seus pais. O 26 de maio de 1947 Sweikert correu a súa primeira carreira por un premio no Oakland Speedway, e terminou segundo. Abandonou a reparación de automóbiles, e converteuse nun piloto profesional.

A principios de 1948, casou con Marion Edwards. Fixeron unha gran voda familiar en West. O mesmo ano, Sweikert pasouse aos Midget cars, e gañou a súa primeira carreira co Bay Cities Racing Association.

En 1949 Sweikert fíxose moi amigo de Johnny Boyd, de Fresno, cando se coñeceron no circuíto de carreiras de California. Os dous correron a miúdo xuntos, e Boyd clasificouse para participar na Indianapolis 500 de 1955 cando Sweikert axudoulle a superar os problemas mecánicos no coche de Boyd.

En maio de 1952, Sweikert correu a súa primeira carreira "Indy 500". Saíu na 32ª posición da grella e correu durante 77 voltas no McNamara Special car.

A finais de 1952 a súa primeira esposa, Marion, comezou o proceso de divorcio e Sweikert loitou pola custodia da súa pequena filla.

En xaneiro de 1953, Sweikert casou coa súa noiva da escola secundaria, a divorciada Dorie que tiña dous fillos, e con quen se reencontrara recentemente. Establecéronse en Indiana, para estar preto da pista de carreiras onde Sweikert esperaba correr e gañar.

O 12 de setembro de 1953 Sweikert converteuse no primeiro piloto en romper os 160 km/h nos 1´6 km. da pista ovalada do Eastern Speed Dome, Syracuse, Nova York.

O 30 de maio de 1955 Sweikert finalmente gañou a carreira de Indianápolis 500, partiu desde a 14º posición da grella no Zink Kurtis roadster # 6. Ese coche atópase agora no museo do circuíto de Indianápolis.

En setembro de 1955 Sweikert converteuse no único piloto na historia en gañar a Tripla Coroa dos deportes de motor americanos, as 500 Millas de Indianápolis, o Campionato de Monoprazas dos Estados Unidos da AAA, e o campionato Midwest sprint car.

En maio de 1956, no seu regreso á Indianápolis 500, Sweikert comezou na 10º posición de saída e rematou nun sexto posto final, co equipo D-A Lubricant.

Semanas máis tarde o 17 de xuño de 1956, Sweikert sufriu un accidente automobilístico mortal cun Sprint car, en Salem Speedway. Durante a terceira volta, Sweikert corría preto da parede exterior en cuarto lugar, á beira do seu antigo rival na adolescencia nas rúas de East Bay, Ed Elisian, quinto. Comezando a cuarta volta, os dous coches se emparellaron na recta fronte á tribuna. Correndo á beira da parede, a roda traseira dereita de Sweikert bateu cunha viga de aceiro que saía á pista da parede ao final das bancadas. O Sprint car voou sobre o bordo da pista, polo terraplén, e aterrou a uns trinta metros máis abaixo, onde estalou en chamas. Sweikert foi declarado morto á súa chegada ao Hospital do Condado de Washington. Entérrano no Cemiterio de Lone Tree en Fairview, California.[3]

  1. "Salem Speedway". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2014. 
  2. Dorie Sweikert, Along For the Ride-A Love Story, (1998, Nicholas Ward Publishing, LLC.), no longer in print, reprinted under new publisher ca. 2005
  3. Bob Sweikert Find A Grave. Retrieved October 30, 2011

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar