Bob Bert
músico estadounidense
Bob Bert é un batería estadounidense. Procedente de Hoboken, Nova Jersey, Bert inicialmente tocou en Sonic Youth durante os primeiros anos dos 80. Bert tocou nos discos de Sonic Youth Confusion Is Sex, Sonic Death e Bad Moon Rising. Despois de Bad Moon Rising, Bert abandonou a banda e foi substituído por Steve Shelley.
Bob Bert | |
---|---|
![]() Bob Bert en xaneiro de 2016. | |
Nome completo | Robert Bertelli |
Data nacemento | 1955 |
Nado en | Hoboken, Nova Jersey ![]() |
Ocupación | batería |
Instrumento(s) | batería |
Relacionado con | Sonic Youth |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bert contribuíu durante a segunda metade dos 80 como percusionista na banda de noise rock Pussy Galore.