Bad Moon Rising é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, o primeiro que editaron a través do selo Homestead Records en marzo de 1985.

Bad Moon Rising
Álbum de Sonic Youth
Publicadomarzo de 1985
Gravaciónsetembro - decembro de 1984
Duración37:33
Xénero(s)No Wave, noise rock
Selo(s)Homestead Records
Producido porSonic Youth, Martin Bisi, John Erskine
Cronoloxía
Sonic Death Bad Moon Rising EVOL

En certo modo pode considerarse un álbum conceptual, falando sobre o lado escuro dos Estados Unidos, moitas veces usando o concepto da demencia, tema recorrente nos primeiros anos de Sonic Youth. Inclúe referencias á obsesión e á demencia, a Charles Manson, ao heavy metal, o satanismo e aos encontros dos primeiros colonos europeos cos nativos americanos.

Publicado con moi boas recensións da prensa musical independente, Bad Moon Rising foi o primeiro traballo da banda en combinar meterial experimental con pezas transicionais e segues.[1] O álbum estivo precedido do sinxelo "Death Valley '69", que non entrou nas listas dos Estados Unidos e o Reino Unido (o tema foi despois regravado para o álbum e publicado novamente como sinxelo no mes de xuño). O nome do disco procede da canción "Bad Moon Rising" de Creedence Clearwater Revival.[2]

Unha edición remasterizada en vinilo de 180 gramos foi editada o día 15 de febreiro do 2011[3].

Listaxe de cancións editar

Cara A
N.º TítuloLetras/voces Duración
1. "Intro"  Instrumental 1:10
2. "Brave Men Run (In My Family)"  Gordon 3:37
3. "Society Is a Hole"  Moore 5:57
4. "I Love Her All the Time"  Moore 7:27
Cara B
N.º TítuloLetras/voces Duración
1. "Ghost Bitch"  Gordon 5:20
2. "I'm Insane"  Moore 4:07
3. "Justice Is Might"  Moore 4:21
4. "Death Valley '69" (con Lydia Lunch)Lunch e Moore 5:10
Cancións extra do CD
N.º Título Duración
9. "Satan Is Boring"   5:06
10. "Flower"   3:36
11. "Halloween"   5:00
12. "Echo Canyon"   1:08

Notas editar

  1. Azerrad, Michael,. Our band could be your life : scenes from the American indie underground 1981-1991 (First Back Bay paperback edition ed.). Boston. ISBN 0-316-78753-1. OCLC 50483014. 
  2. "Sonic Youth: Our 1985 Interview". Spin. 2019-07-21. Consultado o 2020-08-24. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 16 de febreiro de 2011.