Charles Manson

criminal estadounidense

Charles Milles Manson, nado en Cincinnati (Ohio) o 12 de novembro de 1934 co nome de Charles Milles Maddox e finado en Bakersfield (California) o 19 de novembro de 2017[1], foi un criminal estadounidense fundador e líder de The Family, un grupo sectario hippie de California a finais dos anos 1960. Condenado por ordenar os asasinatos o 8 de agosto de 1969 de Sharon Tate, dona do realizador de cinema Roman Polanski, e dos seus convidados e o día seguinte os de Leno e Rosemary LaBianca.

Charles Manson
MansonB33920 8-14-17 (cropped).jpg
Nome completoCharles Milles Maddox
Nacemento12 de novembro de 1934
Lugar de nacementoCincinnati
Falecemento19 de novembro de 2017
Lugar de falecementoBakersfield
CausaCancro colorrectal e Parada cardiorrespiratoria
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterNational Training School for Boys, Gibault School for Boys, Arroyo High School e Pasadena City College
Ocupacióncriminal, líder religioso, asasino en serie e músico
CónxuxeRosalie Willis e Leona Stevens
Na rede
https://www.charlesmanson.com
IMDB: nm0543909 Facebook: CharlesMansonOfficial Spotify: 1ALiu7S9gPJPSw122Ds1t2 Musicbrainz: db3d7002-d9e8-4803-82c4-d85dad3f29bb Songkick: 241208 Discogs: 58562 WikiTree: Maddox-946 Find a Grave: 185340308 Deezer: 200900 Genius: Charles-manson Editar o valor em Wikidata
Charles Manson signature2.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Na época na que se formou The Family, Manson era un exconvito desempregado, que pasara a metade da súa vida en institucións correccionais por varios delitos. No período inmediatamente anterior ós asasinatos, Manson conseguiu entrar no mundo da industria musical dos Ánxeles pola súa amizade con Dennis Wilson, membro de the Beach Boys, só despois de ser acusado dos crimes, as cancións escritas e cantadas por el saíron ó mercado, artistas como Guns N' Roses[2] e Marilyn Manson gravaron as súas cancións nas décadas seguintes.

Condenado á pena de morte, a súa sentenza quedou reducida a cadea perpetua ó eliminar temporalmente o Tribunal Supremo de California a pena de morte en 1972. Nos seus últimos anos cumpriu condena na prisión estatal de Corcoran. O 19 de novembro de 2017, contra as 20:13 (hora local), morreu en Bakersfield (California), tras varios días internado nun hospital do condado de Kern, ós 83 anos.[3]

NotasEditar

  1. "Assassino Charles Manson morre aos 83 anos". noticias.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2019-02-01. 
  2. Calu Capel. "Guns N' Roses - Look at your game girl (Charles Manson Cover,Hidden Track)". Consultado o 2019-02-01. 
  3. "Charles Manson, Satanic Mastermind Behind Murder of Actress Sharon Tate, Dies at 83". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2019-02-01.