Heȟáka Sápa (Black Elk) (en galego Alce Negro), nado en decembro de 1863 e finado o 19 de agosto de 1950, foi un famoso Wičháša Wakȟáŋ (médico ou home santo) dos Oglala Lakota (Sioux). Foi un Heyoka e primo segundo de Cabalo Tolo.

Black Elk
Black Elk.jpg
Black Elk coa súa muller e filla, arredor de 1890-1910
Nacementodecembro de 1863
 Little Powder River, Wyoming
Falecemento19 de agosto de 1950 (87 anos)
 Reserva india de Pine Ridge, Dacota do Sur
EtniaLakota
RelixiónIgrexa católica
OcupaciónCurandeirismo, Heyoka e Xefe tribal
editar datos en Wikidata ]

Con 12 anos participou na batalla de Little Bighorn de 1876, e foi ferido na Masacre de Wounded Knee en 1890. Black Elk casou coa súa primeira muller, Katie War Bonnett, en 1892. Ela converteuse ó catolicismo e os seus tres fillos foron bautizados. Despois da morte da súa esposa en 1903, Black Elk tamén foi bautizado, tomando o nome de Nicholas Black Elk, e continuando como líder espiritual da tribo, xa que el no vía contradición entre as tradicións tribais e o cristianismo.

En 1905 volveu casar, cunha viúva con dúas fillas de nome Anna Brings White, e coa que tivo tres fillos máis. permanecendo con ela ata que morreu en 1941.

Cara a fin da súa vida, Black Elk contou a historia da súa vida e un bo número de rituais sagrados Sioux a John Neihardt e a Joseph Epes Brown para que fose publicado. As súas narracións obtiveron un considerable interese por parte do público.

LibrosEditar

Libros de Black Elk
Libros sobre Black Elk

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar