Cabalo Tolo
Tȟašúŋke Witkó (en lingua lakota [tˣaʃʊ̃ke wɪtko] (AFI); literalmente vén a significar o seu cabalo está tolo), máis coñecido como Cabalo Tolo, nado en 1840 e finado o 5 de setembro de 1877 en Fort Robinson, Nebrasca, foi un home nativo americano e xefe prominente dos Lakota Oglala.
Cabalo Tolo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1840 e 4 de decembro de 1849 |
Lugar de nacemento | Dacota do Sur |
Falecemento | 5 de setembro de 1877 |
Lugar de falecemento | Fort Robinson |
Causa | ferida de arma branca |
Soterrado | valor descoñecido |
Nacionalidade | Oglala Lakota |
Etnia | Sioux |
Ocupación | político e Xefe tribal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
É coñecido por alzarse en armas contra o goberno federal dos Estados Unidos para loitar contra a invasión dos seus territorios e a destrución do modo de vida do pobo lakota. Liderou ó seu pobo na Batalla de Little Bighorn en xuño de 1876, da cal saíu vitorioso.
Finalmente, rematou por se render ás tropas dos Estados Unidos ante o xeneral Crook en 1877. Trala rendición, resultou fatalmente ferido por un garda militar por ofrecer unha suposta resistencia a ser encarcerado en Fort Robinson, na actual Nebrasca.