Biosensor
Un biosensor é un dispositivo para a análise, que emprega un compoñente biolóxico para a detección dun analito. Un exemplo de biosensor primitivo é o canario que empregaban os mineiros de carbón. Na actualidade, empréganse biosensores como por exemplo un eléctrodo medidor da concentración de glucosa en sangue.


Partes dun biosensor Editar
Adoita constar das seguintes partes:
- O elemento biolóxico sensitivo, material biolóxico máis ou menos complexo, dende un anticorpo ata tecidos, que interactúa dalgún xeito co analito.
- O elemento transductor ou detector, o cal detecta a interacción entre o elemento sensitivo e o analito e o traduce a outro tipo de sinal que se poida interpretar de xeito máis sinxelo. Pódense empregar métodos químicos ou físicos, como electrónica, óptica, sistemas piezoeléctricos etc.
- O elemento procesador do sinal, o cal é xeralmente un sistema electrónico que mide o sinal transducido que recibe e o troca en datos sobre o analito, como pode ser a concentración do mesmo.
Aplicacións Editar
Existen moitas aplicacións potenciais para os biosensores. Algúns exemplos de usos actuais son:
- Aplicacións en medicina, como a detección de glucosa en sangue (moi útil en pacientes con diabetes), analíticas de rutina, detección de patóxenos etc.
- Aplicacións ambientais, no estudo de bioameazas, pesticidas etc.
- Aplicacións en farmacoloxía.