En química analítica, analito[1] é un compoñente (elemento, composto ou ión) de interese analítico presente nunha mostra que se separa da matriz. É unha especie química cuxa presenza ou contido se desexa coñecer, é identificable e cuantificable, por medio dun proceso de medición química.[2]

Nunha titulación ácido-base, podemos ter a substancia ácida que vai ser mensurada (analito) e a substancia básica de concentración coñecida (titulante).

En metroloxía química constitúe un tipo particular de mensurando, que é unha magnitude, a cantidade do obxecto de medida; é dicir, a concentración de analito, a porción que se somete a cuantificación, previa comparación cun padrón que achega a información requirida.[3]

En conxunto cos elementos intanxibles, o analito e o mensurando son necesarios para a definición e a solución do problema analítico. Os elementos intanxibles requiren planificación do deseño, a súa evolución e corrección.

A información que se obtén da mostra de analito pode ser:

  • Cualitativa. Se existe analito en determinada cantidade na mostra.
  • Cuantitativa. A proporción da substancia.
  • Estrutural. A súa estrutura química.

Nunha análise química pódese medir un só analito ou varios.[4][5]

O analito que se determina nunha mostra pode ser de natureza inorgánica, orgánica ou bioquímica. Segundo a súa concentración na mostra, clasifícase como macrocompoñente (máis do 1%), microcompoñente (entre o 0,01% e o 0,1%) ou trazas (menos do 0,01%).

Para levar a cabo a análise química da mostra poden utilizarse distintos procedementos, tales como o método electroanalítico ou os métodos espectrométricos.

Notas editar

  1. BUSCatemos analito
  2. David Harvey, Analytical Chemistry 2.0, DePauw University, 2009, p. 42.
  3. De Bièvre P., The 2007 International Vocabulary of Metrology (VIM), JCGM 200: 2008 [ISO/IEC Guide 99 [archive]: Meeting the need for intercontinentally understood concepts and their associated intercontinentally agreed terms], Clinical Biochemistry, 42(4), 246-248, 2009.
  4. Ekins R.P., Multi-analyte immunoassay, Journal of Pharmaceutical and Biomedical Analysis, 7(2), 155-168, 1989.
  5. Frengen, Jomar; Tore (1 de xaneiro de 1995). «Dual analyte assay based on particle types of different size measured by flow cytometry». Journal of Immunological Methods. 178 (1): 141-151. doi 10.1016/0022-1759(94)00252-R

Véxase tamén editar

Outros artigos editar