Bioko Norte

provincia de Guinea Ecuatorial

Coordenadas: 3°41′N 8°47′L / 3.683, -8.783

Bioko Norte é unha das 8 provincias que compoñen a república de Guinea Ecuatorial, a segunda máis poboada, detrás da provincia Litoral, nas costas da rexión continental (Río Muni).

Bioko Norte
Localización
Localización de Bioko Norte na illa de Bioko
PaísGuinea Ecuatorial
ProvinciaBioko Norte
CapitalRebola
Xeografía
Superficie776 km²
Demografía
Poboación410 541 habitantes (2015)
Densidade390 hab./km2
Outros datos
Fundación1968

Situada na parte norte da illa de Bioko, limita ao sur coa provincia de Bioko Sur e ao oeste, norte e leste co golfo da Guinea. A súa capital é a cidade de Rebola, situada a poucos quilómetros ao sueste da capital do estado, Malabo.[1]

O seu gobernador é Salvador Bolekia, do Partido Democrático de Guinea Ecuatorial (un partido único que, desde a independencia, goberna a República).

XeografíaEditar

 
Sitación da provincia en Guinea Ecuatorial

Localízase xeograficamente entre os 3º 40' N e os 8º 50' L, no golfo da Guinea, a uns 40 km ao oeste das costas do Camerún. O deshabitado illote Horacio, situado na costa norte da provincia (3°45′33″N 8°54′30″L / 3.75917, -8.90833), conta cun faro.

O asentamento máis pequeno da provincia, Santiago de Baney, encóntrase na parte nordeste da provincia.

Na costa nordeste está a estación turística de Sipopo, que ten un hotel de 200 cuartos dirixido pola cadea hoteleira Sofitel, o "Sofitel Malabo Sipopo Le Golf".[2]

Cuberta polo bosque tropical e con pouco desenvolvemento urbano, a parte central sur inclúe parte do Parque Nacional do Pico Basilé (antigo Pico de Santa Isabel), que é un volcán e a maior montaña da illa de Bioko, e ao tempo da Guinea Ecuatorial, cunha altura de 3 011 msnm. O parque nacional ten unha extensión de 330 quilómetros cadrados, e creouse no ano 2000.[3]

Hai minas antipersoa nos bosques de Rebola, Baney e o val do Moca.[4]

DemografíaEditar

Demografía Histórica
Censos
ano
Poboación

1983 46 221
1994 75 137
2001 231 428
2014 300 000

A provincia está habitada por individuos da etnia Bubi que falan a lingua bubi.[5]

O poeta Gerardo Behori Sipi Botau, nado en 1960 en Rebola e que agora vive nos Estados Unidos, é de ascendencia Bubi.[6] Foi membro da Unión Bubi grupo sociopolítico e logo partido político creado para representar os intereses do pobo Bubi da illa de Bioko, que pretendía a incorporación da illa a España ou, no seu defecto, unha administración para a illa diferente da de Río Muni.[7][8]

Así mesmo Juan Balboa Boneke, tamén nacido en Rebola, escritor e político ecuatoguineano (pai da cantante Concha Buika), membro do Movemento para a Autodeterminación da Illa de Bioko e que foi ministro nun dos gobernos de Teodoro Obiang até que, por discrepancias políticas, en 1994 exiliouse en Valencia.

División político-administrativaEditar

A provincia está constituída polos seguintes municipios e distritos.[9]

MunicipiosEditar

DistritosEditar

  • Malabo (con 11 Consellos de Poboado)
  • Baney (con 12 Consellos de Poboado)

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Rebola en GeoNames. 11-03-2020.
  2. "Sofitel Malabo Sipopo Le Golf". Sofitel. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  3. Pico Basilé National Park Google maps. Consultado o 19 de xullo de 2021.
  4. "Landmine Monitor Report 2002: Toward a Mine-free World". Human Rights Watch, 2002. ISBN 978-1-5643-2277-7, pp. 248.
  5. Tortora, Christina; Dikken, Marcel den & Montoya, Ignacio L. (2016): Romance Linguistics 2013: Selected papers from the 43rd Linguistic Symposium on Romance Languages (LSRL). New York: John Benjamins Publishing Company. ISBN 978-90-272-6768-9, p. 238.
  6. World Literature in Spanish (2011): G-Q. ABC-CLIO. ISBN 978-0-313-33770-3, p. 353.
  7. El Laberinto Guineano. Escrito por Emiliano Buale Barikó, páxinas 87, 88 e 89.
  8. Conflictos étnicos y gobernabilidad: Guinea Ecuatorial. Escrito por Muakuku Rondo Igambo, páxinas 75, 76 e 77.
  9. Ministerio del Interior y Corporaciones Locales