Bioko Sur
Bioko Sur é unha das 8 provincias que compoñen a República de Guinea Ecuatorial.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Guinea Ecuatorial | ||||
Region of Equatorial Guinea (en) | Região Insular (pt) | ||||
Capital | Luba | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Lingua bubi Língua crioula de Bioco (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.241 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
ISO 3166-2 | GQ-BS | ||||
Xeografía
editarA provincia localízase xeograficamente entre os 3º 25' N e os 8º 25' L, no golfo de Guinea, distando uns 50 km das costas do Camerún.
Ocupa a parte sur da illa de Bioko, limita ao norte coa provincia de Bioko Norte e ao oeste, sur e leste co océano Atlántico (golfo de Guinea).
A súa capital é a cidade de Luba.
A provincia ten unha extensión de 1 241 km² e, no ano 2015, contaba cunha poboación de 34 674 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 28 hab./km2.
Está dominada por dous picos volcánicos, o Pico Biao (2 009 m) e a Gran Caldeira de Luba (2 261 m).[2]
Os principais ríos son o Ole ou Tudela, Moab, Iladyi, Ruma e Tiburones, ríos onde son frecuentes as fervenzas, mesmo na súa foz, e exercen uha forte acción erosiva que pode dar lugar a violentos movementos de terra cando o fluxo se multiplica coas primeiras chuvias.
División administrativa e demografía
editarA provincia está constituída por dous municipios e os seus correspondentes distritos.[3][4]
Distritos | Total | Urbana | Rural | Superficie | Densidade | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Total | homes | mulleres | homes | mulleres | homes | mulleres | km² | hab./km² | |
Bioko Sur | 29 034 | 15 263 | 13 771 | 4 942 | 5 155 | 10 321 | 8 616 | 1 241 | 23 |
Luba | 23 870 | 12 453 | 11 417 | 4 421 | 4 590 | 8 032 | 6 827 | 843 | 28 |
Riaba | 5 164 | 2 810 | 2 354 | 521 | 565 | 2.289 | 1.789 | 398 | 13 |
Demografía histórica | |
---|---|
Censos ano |
Poboación |
1983 | 10 969 |
1994 | 12 569 |
2001 | 29 034 |
Poboacións
editar- Luba (con 21 Consellos de Poboados)
- Riaba (con 14 Consellos de Poboados)
Notas
editar- ↑ "Censo de población 2015–República de Guinea Ecuatorial" (PDF) (en castelán). INEGE. p. 7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2012.
- ↑ "Bioko - Geography e Geology". Gulf of Guinea Conservation Group. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ Ministerio del Interior y Corporaciones Locales
- ↑ Datos de poboación do censo de 2001.