Rebola, Guinea Ecuatorial

Rebola (en bubi Rebola) é unha pequena cidade de Guinea Ecuatorial, na provincia de Bioko Norte, unha das dúas en que se divide administrativamente a illa de Bioko, da que é a súa capital.

Modelo:Xeografía políticaRebola, Guinea Ecuatorial

Localización
Mapa
 3°43′09″N 8°51′11″L / 3.7192, 8.8531Coordenadas: 3°43′09″N 8°51′11″L / 3.7192, 8.8531
EstadoGuinea Ecuatorial
Region of Equatorial Guinea (en) TraducirRegião Insular (pt) Traducir
Província da Guiné Equatorial (pt) TraducirBioko Norte Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación10.000 Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situada a poucos quilómetros ao sueste da capital do estado, Malabo,[1] a unha altitude de 318 msnm,[2] segundo o censo de 2001, contaba cunba poboación duns 8 289 habitantes.[Cómpre referencia]

Rebola ten bastante popularidade entre a poboación ecuatoguineana debido ás vistas da localidade desde varios puntos dos seus arrededores. É unha localidade pequena, pero que destaca polo seu encanto particular. Unha parte de Rebola érguese sobre un pequeno outeiro, onde destacan as típicas casas ecuatoguineanas coas fachadas amarelas e os tellados de cores avermellados e marróns e, no cumio do outeiro hai unha igrexa, desde onde se pode ver toda a pequena cidade.

Clima editar

Segundo a clasificación climática de Köppen o seu clima é tropical (Am). A precipitación é de en torno a 2000-2300 mm en 110 días, aínda que no resto da illa supéranse os 3000 mm. Entre decembro e febreiro chove menos, e caen máis de 200 mm en maio-xuño e en setembro, cun máximo de 340 mm, e en outubro.
A temperatura oscila entre os 19 °C das mínimas medias en xaneiro e os 32 °C das máximas en febreiro, pero oscilan moi pouco ao longo do ano.[3]

Notas editar

  1. Rebola en GeoNames. 11-03-2020.
  2. Rebola. Equatorial Guinea Page (en inglés).
  3. Clima.