Microsoft Encarta

(Redirección desde «Biblioteca Premium Microsoft Encarta»)

Microsoft Encarta é unha enciclopedia multimedia dixital publicada por Microsoft Corporation dende 1993 ata 2009 (en español e portugués desde a versión 97). No ano 2008, a edición completa en inglés de Encarta Premium contiña máis de 62.000 artigos, mentres que a súa versión en español, incluía uns 43.000.[1]

Historia

editar

Precedentes

editar

A idea de levar o concepto enciclopédico ao mundo do dixital desenvólvese por vez primeira pola empresa Arete Publishing, pruducindo unha versión experimental da American Academic Encyclopedia en formato videodisc no ano 1982. Este experimento multimedia non foi comercializado.

A primeira versión dunha enciclopedia dixital comercial chegaría no ano 1985, coa aparición da Electronic Encyclopedia from Grolier,[2] sendo completamente textual.

Non foi ata o ano 1989 que vería a luz a primeira enciclopedia multimedia que podía ser adquirida polo público xeral. Foi a Compton's Multimedia Encyclopedia CD-ROM. Coa dixitalización do contido, os 26 volumes ficaban reducidos ao tamaño da palma da man e a experiencia de acceso á información era algo non visto ata aquel momento, grazas aos sistemas de indexación informatizados, máis eficientes que a indización clásica.

Gorlier editou unha nova enciclopedia dixital no ano 1990, desta volta multimedia. Microsoft, aproveitando o traballo técnico que xa tiña feito desde 1987 para Microsoft Bookshelf, comezou a traballar nalgo que decidiron chamar en clave Proxecto Gandalf e que o 22 de marzo de 1993 sería renomeado como Microsoft Encarta.[3]

Características

editar

Ademais das entradas enciclopédicas, a información era complementada con numerosas fotos e ilustracións, clips de son e vídeos, elementos interactivos, liñas de tempo, mapas, un atlas xeográfico e ferramentas para resolver tarefas estudantís. A enciclopedia estaba dispoñible en DVD-ROM ou varios CD-ROMs e tamén tiña dispoñibilidade limitada (con publicidade) aos seus contidos en liña na Web, cunha subscrición anual para acceder a máis contido.

Microsoft editou e publicou edicións de Encarta en diversas linguas, incluíndo o inglés, alemán, francés, castelán, neerlandés, italiano, portugués e xaponés. As versións localizadas contiñan materiais licenciados de fontes locais ou nacionais, o que facía que houbera diferenzas entre elas. Por exemplo, a edición neerlandesa posuía contido da enciclopedia rexional Winkler Prins dos Países Baixos, denominándose entón Encarta Winkler Prins Encyclopedie.

En marzo de 2009, Microsoft anunciou a descontinuidade das edicións de Encarta (produtos e páxina web). Os sitios web para todas as versións localizadas de MSN Encarta foron pechados (excepto o destinado ao Xapón) o 31 de outubro de 2009. O sitio do Xapón pechou o 31 de decembro de 2009.[4][5] O sitio web do dicionario continuou unicamente nas súas versións en inglés e francés ata o ano 2011.[6]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar