Bhaskara 2
Bhaskara 2 foi un satélite artificial da India lanzado o 20 de novembro de 1981 mediante un foguete ruso Kosmos 3M desde Kapustin Yar.[1][2][3][4]
Bhaskara 2 | |
---|---|
Tipo | Observación terrestre / experimental |
Organización | ISRO[1][2] |
Data de lanzamento | 20 de novembro de 1981[3][4][5] |
Foguete portador | Kosmos 3M[1][4] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[1][4][5] |
Obxectivo da misión | Observación terrestre e experimentos tecnolóxicos.[1][4][5] |
Decaemento | 30 de novembro de 1991[3] |
NSSDC ID | 1981-115A |
Masa | 444,0 kg[1][2][4] |
Dimensións | Poliedro de 26 caras de 1,66 m de altura e 1,55 m de diámetro.[4] |
Características
editarBhaskara 2, chamado así en honor ós matemáticos indios Bhaskara I e Bhaskara II, estivo adicado á observación dos recursos terrestres e en particular ás áreas de hidroloxía, a silvicultura e a xeoloxía mediante un sistema de cámaras de televisión de dúas bandas. Estudou tamén os océanos cun radiómetro microondas de dúas frecuencias (SAMIR, polas siglas en inglés).[1][4]
Como obxectivos secundarios, Bhaskara 1 levaba a bordo experimentos relacionados con sistemas de procesamento e xestión de datos e para a recolección limitada de datos meteorolóxicos de estacións remotas.[1][4]
O satélite tiña forma de poliedro de 26 caras, cunha altura de 1,66 m e un diámetro de 1,55 m. Tras cumprir a súa misión foi apagado en marzo de 1981. Reentrou na atmosfera o 30 de novembro de 1991.[1][3][4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bhaskara 1, 2" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2011). "Bhaskara" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BHASKARA 2" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2012.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 NASA (20 de abril de 2012). "Bhaskara 2" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Letter dated 5 January 1982 from the Permanent Representative of India to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-02250). 1 de febreiro de 1982: 1. Consultado o 30 de abril de 2012.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: India |