Bernhard Schlink

escritor alemán


Bernhard Schlink, nado o 6 de xullo de 1944 en Bielefeld, é un escritor e xurista alemán.

Infotaula de personaBernhard Schlink

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Bielefeld Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Heidelberg
Kurfürst-Friedrich-Gymnasium (Heidelberg) (en) Traducir - xurisprudencia
Universidade Libre de Berlín - xurisprudencia
Universidade de Freiburg im Breisgau Editar o valor em Wikidata
Director de teseErnst-Wolfgang Böckenförde (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Heidelberg
Berlín
Nova York
Bonn
Frankfurt Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxurista , guionista , profesor universitario , novelista , xuíz , poeta avogado Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorBenjamin N. Cardozo School of Law (en) Traducir (1994–2013)
Universidade de Frankfurt (1991–1992)
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn (1982–1991)
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialdemócrata de Alemaña (1972–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiEdmund Schlink (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsWilhelm Schlink (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesBasilea Schlink (Tía)
Klaus Engelhardt (pt) Traducir (cuñado) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webschlink.rewi.hu-berlin.de Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0772384 Allocine: 241993 Allmovie: p526955
Bitraga: 1956 Musicbrainz: d1ee4fe6-1b92-4441-b9ba-301cb9592017 Discogs: 5502007 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1998 foi designado xuíz da corte constitucional do estado federal de Renania do Norte-Westfalia. É profesor de historia da lei na Universidade Humboldt de Berlín dende xaneiro de 2006.

Faceta literaria editar

A súa carreira como escritor encomezou con novelas policíacas; o protagonista era un personaxe chamado Selb (xogo de palabras en alemán co significado de "eu mesmo"); a súa primeura novela chamou Selbs Justiz. Con Die gordische Schleife gañou o premio Glauser en 1989.

En 1995 publicou Der Vorleser, novela parcialmente autobiográfica sobre un adolescente que vive un romance cunha muller adulta, cuxo pasado logo se verá que estivo vinculado aos crimes de guerra na Segunda guerra mundial. O libro converteuse nun éxito de vendas en Alemaña e no estranxeiro; foi traducida a unhas 40 linguas de todo o mundo. Gañou o premio Hans Fallada, o premio Welt, o premio italiano Grinzane Cavour, o francés Laure Bataillon e o Ehrengabe da Sociedade Heinrich Heine de Düsseldorf. En 2008 o director británico Stephen Daldry realizou unha adaptación ao cinema desta obra.

En 2000 publicou unha colección de relatos intitulada Liebesfluchten.

Traducións ao galego editar

A súa obra O retorno, publicada orixinalmente en 2006, foi traducida ao galego por Patricia Buxán e publicada en 2009 pola Editorial Galaxia[1], e integrada na colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea.

A editorial Hugin e Munin publicou en 2020 O lector, traducida por David A. Álvarez Martínez.

Obra editar

  • 1962 Der Andere
  • 1987 Selbs Justiz
  • 1988 Die gordische Schleife
  • 1992 Selbs Betrug
  • 1995 Der Vorleser (O lector)
  • 2000 Liebesfluchten
  • 2001 Selbs Mord
  • 2006 Die Heimkehr (O retorno)
  • 2008 Das Wochenende
  • 2010 Sommerlügen - Geschichten
  • 2011 Gedanken über das Schreiben - Heidelberger Poetikvorlesungen
  • 2014 Die Frau auf der Treppe

Notas editar

  1. Ficha na páxina web da editorial.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar