Bernardo Miño Abelenda

sindicalista e político galego

Bernardo Miño Abelenda, nado en Betanzos cara a 1866 e finado en Betanzos o 28 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaBernardo Miño Abelenda
Biografía
Nacemento1866 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dirixente agrarista de Betanzos, foi director de El Pueblo. En 1917 logo da visita de Pablo Iglesias a Betanzos, fundou a Agrupación Socialista de Betanzos, da que foi presidente en 1931. Foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de abril de 1936 e nomeado terceiro tenente-alcalde. Foi candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións de 1933, pero non foi elixido. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Ponte Sampaio con Antonio Lagares Gómez, Camilo Naveira Ferreño e Manuel Fernández Pérez e Francisco Moreno (que sobreviviu á execución), o 28 de outubro de 1936.

Vida persoal editar

Casou con Antonia Santamarina e foi pai de Carmen Miño Santamarina.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar