Bernardo Alfageme (1944)

O Bernardo Alfageme é un barco arrastreiro galego que foi construído no estaleiro Hijos de J. Barreras de Vigo no ano 1944. O barco foi bautizado co nome Bernardo Alfageme en honra ao fundador da empresa conserveira Miau.

Bernardo Alfageme
Historial
Estaleiro Hijos de J. Barreras, Vigo
Tipo Arrastreiro
Operador Motopesqueros de Altura Reunidos
Botado 1944
Baixa 1988
Destino Preservado como monumento estático
Características xerais
Desprazamento Tonelaxe: 91 t
Eslora 31 m
Manga 6 m
Velocidade nós
Tripulación 14 persoas

Historia

editar

Servizo

editar

Durante os seus primeiros anos de funcionamento o barco faenou nos caladoiros do Gran Sol, e durante os seus derradeiros anos de servizo fíxoo nos caladoiros do sur de Portugal.[1]

En 1988 foi dado de baixa e doado ao concello de Vigo, levado polo seu patrón de toda a vida, Carmelo Gutiérrez Luis. No ano 2000 os grupos políticos municipais do pleno do concello de Vigo votaron incorporar o Bernardo Alfageme ao patrimonio marítimo da cidade.[2]

No presente

editar

Por mor do estado de semi-abandono no que se atopaba o barco durante a súa estancia na dársena de Bouzas,[3] o Concello de Vigo no ano 2014 iniciou os traballos de restauración do barco no estaleiro vigués de Francisco Cardama.[4] Foi instalado nunha rotonda da avenida de Castelao do barrio vigués de Coia no ano 2015, lugar no que se atopa e se pode visitar.[5]

Interese cultural

editar

O Bernardo Alfageme é o último barco de pesca de altura construído integramente en aceiro remachado da primeira metade do século XX que se conserva en España.[6]

Véxase tamén

editar

Referencias

editar
  1. Alonso, Lola (22 de xuño de 2021). "Bernardo Alfageme, el buque más polémico de la ciudad de Vigo". El Español (El León de El Español Publicaciones). Consultado o 17 de setembro de 2022. 
  2. "«Bernardo Alfageme»: El barco que se libró del desguace pero perdió el mar". La Voz de Galicia. Consultado o 17 de agosto de 2015. 
  3. Mosquera, Javier (22 de maio de 2010). "El "Alfageme", a flote en el limbo". El Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  4. Fuentes, Juanma (4 de febreiro de 2015). "El «Bernardo Alfageme», listo en el astillero Cardama". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de abril de 2020. 
  5. Álvarez, Gonzalo (17 de decembro de 2014). "Vigo, el barco de «Alfageme»". www.vigoe.es. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  6. "Practicando “des-museo naval” en Vigo". ABC. Consultado o 14 de agosto de 2015. 

Ligazóns externas

editar