Bernardino Arcay Novo

mariñeiro e sindicalista galego

Bernardino Arcay Novo, nado en Malpica de Bergantiños o 1 de febreiro de 1912, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Bernardino Arcay Novo
Nacemento1 de febreiro de 1912
Lugar de nacementoMalpica de Bergantiños
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mariñeiro. Membro do Sindicato de Obreros y Profesiones Varias de Malpica da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado para o exército e fuxiu de Malpica con outros 10 republicanos en xuño de 1937 na lancha de motor Ciudad de Montevideo. Pasou á zona leal, chegou a bordo do cruceiro Galicia a Valencia e integrouse no Rexemento Naval Nº1; despois foi destinado ao arsenal de Cartaxena. En abril de 1938 fuxiu a Bizerta (Tunisia) e en setembro de 1939 ingresou detido en Rota (Cádiz). A finais de 1941 ingresou na Escollera (Ferrol). Debido aos informes desfavorables dalgunhas autoridades de Malpica, foi condenado no consello de guerra de abril de 1942 a 12 anos e un día, conmutados despois a seis. Pero once “persoas de garantía e solvencia” firmaron un manifesto ao seu favor (Modesto Ordóñez, José Mato, Pompilio Cachón, Santiago Cachón, Francisco Pombo, José Pombo, Pedro Lema, Antonio Montero, Jenaro Delgado, Evaristo Pose e Juan Delgado Criado). O 6 de agosto de 1942 concedéronlle a liberdade condicional[1] e volveu a Malpica. A liberdade definitiva chegoulle en 1951.

Notas editar

  1. BOE, 26-9-1942, p. 8582.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar