Berlanga de Duero

Berlanga de Duero é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 981 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 220,18 km².

Modelo:Xeografía políticaBerlanga de Duero
Imaxe

Nomeado en referencia aRío Douro Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°27′54″N 2°51′40″O / 41.465, -2.8611111111111Coordenadas: 41°27′54″N 2°51′40″O / 41.465, -2.8611111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Soria Editar o valor em Wikidata
CapitalBerlanga de Duero (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación852 (2023) Editar o valor em Wikidata (3,87 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie220,18 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude936 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJesús María del Carmelo Herrero González Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal42360 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE42035 Editar o valor em Wikidata
Ben de interese cultural

Sitio webberlangadeduero.es Editar o valor em Wikidata

Por ela discorren tres ríos: Douro, Escalote e Talegones.

Ten os Altos de Barahona ao sur, o portillo de Andaluz a tres quilómetros, e o abrazo do Douro.

A súa altura máis significativa, "O Coborrón", protexe o cerro sobre o que se asenta o castelo, pensado tamén como protección.

A importancia histórica da vila compréndese por acharse na liña do Douro, divisoria, durante toda a Idade Media, dos reinos mouros e cristiáns primeiro, e dos casteláns e aragoneses máis tarde. Formaba, xunto coas fortalezas de Gormaz, Osma, San Esteban e Atienza, esa liña que era conquistada unha e outra vez, tanto polos cristiáns como pola cruz.

Barrios editar

Hortezuela, La Estación, Andaluz, Morales, Brías, Paones, Alaló, Abanco, Ciruela, Lumías e mais o despoboado de Cabreriza.

Castelo de Berlanga de Duero editar

O esplendor desta vila chegaría no Renacemento, cando os condestables de Castela, os Fernández de Velasco, duques de Frías e marqueses de Berlanga, foron "premiados" coa comunidade de Vila e Terra, polos servizos prestados á coroa.

Alí sentaron os seus reais, engrandeceron a vila, mandaron construír a colexiata, edificaron a súa propia residencia, refixeron os restos do emblemático castelo, fundaron un mosteiro, un hospital, alzaron o rolo ou picota á entrada para dicir a todo o que pasase, de quen era a vila, a quen se debía respecto e obediencia, quen impoñía e executaba a lei, e, en definitiva, a quen debían pagar os seus impostos os súbditos da maxestade de quenda.

E daquela época son todos os restos que o visitante pode contemplar.

Á entrada, xunto ao silo, álzase maxestoso o rolo gótico, din que o exemplar máis belo e mellor conservado de toda a provincia.

Só desdice a súa situación, sen dúbida a primitiva. No seu día o emblema sería visto desde todos os lugares, pero, co discorrer do tempo edificouse a todo ao redor, escondéndoo á vista do visitante.

Moi próximo a el, o único resto visible do que foi o recinto murado que pechaba a vila: a Porta de Aguilera, na que pode verse, coroando a entrada, unha gran concha do peregrino. Fronte a ela, a ermida das Torres alberga a imaxe do mesmo nome, pola que os berlangueses senten veneración, ofrecéndolle unha festa o 24 de setembro, con poxa de banzos e cánticos no convento. Esta ermida formaba parte do hospital de peregrinos, do que só se conserva a enorme cheminea, ao redor da cal reuníanse os peregrinos para comer unha sopa, quentarse e curar, no seu caso, de feridas e enfermidades.

Ermidas editar

Pásase ao interior de Berlanga pola porta de Aguilera. A praza, moi ben restaurada e amoblada, foi e segue sendo o centro de reunión, de xogos, de festas e bailes; ladaíñas, rogativas e procesións.

Da praza irradian varias rúas. A Real, onde pode verse algún escudo, palacete, as ruínas doutro, e a primeira casa dos Frías, hoxe convertida en hotel.

Outra rúa diríxese ao río Escalote, ó arboredo, á "Horta dos morais"; antes estes eran as paraxes de verán dos berlangueses, desde hai anos trasladáronse cara ás piscinas, o polideportivo e o albergue.

Unha rúa máis ascende cara á colexiata. Mandárona edificar os condestables e, para iso, utilizaron as pedras dunhas sete igrexas románicas. Só queda, daquela época, un tímpano colocado sobre a entrada á igrexa do convento. A colexiata, renacente no seu exterior, é gótica por dentro.

Ao pé da mole do castelo poden verse os restos do palacio dos condestables.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar