Berislav Grgić, nado o 15 de febreiro de 1960 en Kotor Varoš (Bosnia e Hercegovina, Iugoslavia) é un bispo católico latino croata, dende 2008 prelado de Tromsø. Grgić fuxiu de Bosnia e Hercegovina durante a guerra, chegando a Noruega como refuxiado.

Infotaula de personaBerislav Grgić

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Kotor Varoš (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bishop prelate (en) Traducir
18 de decembro de 2008 – 31 de agosto de 2023
← Gerhard Goebel (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2009–), sacerdote católico (1986–), teólogo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
ConsagraciónBernt Ivar Eidsvig (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Grgić naceu nunha familia de croatas de Bosnia en Kotor Varoš, entón parte de Iguoslavia e hoxe na República Serbia (Bosnia e Hercegovina). Foi ordenado sacerdote polo bispo Franjo Komarica en Banja Luka o 29 de xuño de 1986. Comezou a súa carreira na diocese de Banja Luka, exerceu como capelán en Stara Rijeka até 1987 e logo como vigairo en Glamoč até 1988. Posteriormente estudou na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma até 1991.

No momento do estoupido das guerras iugoslavas en 1991, Grgić era profesor no seminario de Zadar, na República Socialista de Croacia. Traballou para a Cáritas de Banja Luka dende Zagreb durante a guerra de Bosnia entre 1992 e abril de 1995. En agosto do mesmo ano foi expulsado polas autoridades serbias que controlaban Banja Luka, converténdose en refuxiado de guerra. Pasou a Croacia, e dende alí a Noruega en xaneiro de 1996. A Conferencia Episcopal Croata, coa aprobación da Conferencia Episcopal de Bosnia e Hercegovina, encargoulle a atención pastoral dos 1.200 refuxiados croatas da diocese de Oslo. Logo de ter aprendido noruegués, foille confiada a atención pastoral de todos os inmigrantes da diocese.

Anos en Noruega editar

Grgić traballou na escola de Santa Sunniva a partir de 2000, e como capelán da catedral de Santo Olaf de Oslo a partir de 2001 antes de marchar por un tempo á arquidiocese de Múnic e Frisinga en 2007. O 18 de decembro de 2008 foi nomeado prelado Tromsø, e consagrado bispo por Bernt Ivar Eidsvig o 28 de marzo de 2009.