Berenguel de Landoria
Bérenger de Landorre, coñecido como Berenguel de Landoria ou de Landoira, nado no sur de Francia[1] en 1262 e finado en 1330, foi un relixioso francés, arcebispo de Santiago de Compostela entre 1317 e a súa morte.
Bérenger de Landore | |
---|---|
Arcebispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 1262 en Francia |
Pasamento | 1330 |
Ordes | |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores (dominicanos) |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
1317 - 1330 | |
Predecesor | Rodrigo de Padrón |
Sucesor | Xoán II Fernández de Lima |
Cargos anteriores | Mestre Xeral da Orde de Predicadores |
Foi un dos protagonistas dunha época convulsa da Igrexa, durante a súa sede en Aviñón e tamén en Compostela. Unha das torres da catedral de Santiago, leva o seu nome xa que foi quen a mandou construír.
Traxectoria Editar
Segundo fillo dos condes de Rodez, criouse nunha das cortes máis importantes da época, que cultivaba con grande éxito a poesía trobadoresca e demais artes. Ao imporse o morgado, viuse obrigado a pórse ao servizo da igrexa. Berenguel ascendeu rápido polas entrañas da igrexa ata facerse íntimo amigo de Xoán XXII. Chegou a ser Mestre Xeral da orde dos pregadores, organizando as misións dos monxes peregrinos.[2] Iniciou a tendencia cara o tomismo na orde dominica[3] e loitou contra a liña de Durando de Saint-Pourçain.[4] Solicitou a Bernardo Gui que compuxese un substituto para a Lenda Dourada de Jacobus de Voragine.[5]
O 15 de xullo de 1317 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, aos 55 anos. Once meses despois emprendeu o camiño cara a Santiago para facerse cargo do seu posto. Tratou de entrar na burgo catro veces,[6] das cales tres foron emboscadas. Este planeou as tácticas de ataque no seu castelo da localidade coruñesa de Padrón e Noia aliándose con outros nobres. Até 1322, non puido tomar posesión do cargo, pois existía un rival galego.[7] Residiu algún tempo en Noia, onde celebrou un sínodo. O seu triunfo foi cruento pois, o 16 de setembro de 1320, invitou aos líderes do levantamento ao seu castelo da Rocha Forte onde foron asasinados. A seguir, decretou unha amnistía e o 26 entra en Compostela[8] e o 27 asinouse a paz.
Iniciou importantes traballos na Catedral de Santiago de Compostela, e trouxo varias reliquias.[9] Tamén semella que puido ser quen estableceu o ano xubilar pois, coincide que despois de tódolos atrancos para tomar posesión da sé episcopal, cando conseguiu celebrar a súa primeira misa solemne foi o 25 de xullo de 1322 que, casualmente, caeu en domingo.[7] Porén, os primeiros doucmentos que falan do xubileo non aparecen até 1434.[7]
Dedicóuselle unha torre da catedral compostelá, a Berenguela, utilizada primeiro como torre vixía e despois como campanario.
Predecesor: Rodrigo de Padrón |
Arcebispo de Santiago 1317 – 1330 |
Sucesor: Xoán II Fernández de Lima |
Predecesor: Aymericus Giliani |
Mestre Xeral da Orde Dominica 1312 – 1317 |
Sucesor: Hervé de Nédellec |
Obras Editar
Se lle atribúe falsamente o Lumen animæ, seu liber moralitatum Magnarum rerum naturalium impreso en 1482 por Matthias Farinator.[10]
Notas Editar
- ↑ [1][Ligazón morta], (en castelán)
- ↑ [2]: In 1312 the master general, Béranger de Landore, organized the missions of Asia into a special congregation of "Friars Pilgrims", with Franco of Perugia as vicar general. As a base of evangelization they had the convent of Pera (Constantinople), Capha, Trebizond, and Negropont. Thence they branched out into Armenia and Persia. Tamén: [3] Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine., [4] Arquivado 13 de agosto de 2007 en Wayback Machine..
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 03 de outubro de 2007.
- ↑ PDF Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., p.5, [5].
- ↑ Caldwell, Christine (2000-10-01). "Peter Martyr: The Inquisitor as Saint". Comitatus: A Journal of Medieval and Renaissance Studies (en inglés) 31 (1). ISSN 0069-6412.
- ↑ "Quand le 25 juillet est un dimanche". saint-jacques.info (en francés). 22 de marzo de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "ANNEES SAINTES ou JUBILAIRES". saint-jacques.info (en francés). 9 de marzo de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2023.
- ↑ Barrau (1853), p. 442
- ↑ PDF (Italiano) Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., p.3.
- ↑ "Lumen animæ / ed. Matthias Farinator". .sudoc.abes.fr (en francés). 2023. Consultado o 3 de xullo de 2023.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Hechos de Don Berenguel de Landoria, Arzobispo de Santiago: Introducción, Edición Critica y Traducción (1983) Manuel C. Díaz y Díaz, tradución ao castelán da crónica Gesta Berengarii de Landoria archiepiscopi Compostellani.
- Barrau, Hippolyte de (1853). Documens historiques et généalogiques sur les familles et les hommes remarquables du Rouergue dans les temps anciens et modernes (vol. I) (en francés). Rodez: Imprimerie de N. Ratery.