Benjamin (autor chinés)

historietista chinés

Zhang Bin (chinés simplificado: 张彬; pinyin: Zhāng Bīn), coñecido polo pseudónimo Benjamin 本杰明, nado o 16 de maio do 1974 en Heilongjiang, é un debuxante de banda deseñada e ilustrador chinés.[1][2] Na actualidade, vive en Beijing.[1]

Infotaula de personaBenjamin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Heilongjiang, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada , escritor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Zhang é autor de cómics e ilustrador. Destaca polo seu emprego das cores.[1] Adoita traballar con debuxo dixital, usando hardware e software especializado.[2]

Zhang fixo portadas alternativas para cómics de Marvel, así coma ilustracións para o videoclip J'aimerais tellement, da cantante de pop francesa Jena Lee.[1][3] Tamén ilustrou a cuberta do disco ao que pertence a canción, Vous Remercier.[4]

Publicacións editar

Banda deseñada editar

  • Yi tian 一天 ("Un día", 2002).
  • Jide 记得 ("Lembra", 2004).
  • Orange (2006).
  • Jiu shi zhu 救世主 ("O salvador", 2010).
  • Women qu na'er 我们去哪儿 ("Cara onde imos?").

Portadas editar

  • X-Men Origins: Emma Frost (Marvel, 2009).[5]
  • New Mutants #1-2, #4 (Marvel, 2009).[6][7][8]

Traducións editar

  • Orange (2007). Traducido ao castelán por Edicións Glénat.[9]
  • Remember (2007). Traducido ao castelán por Edicións Glénat.[10]
  • One Day (2008). Traducido ao castelán por Edicións Glénat.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Benjamin (Zhang Bin) (Person)". Comic Vine (en inglés). Consultado o 2024-02-17. 
  2. 2,0 2,1 "Listado Manga · Autor · Benjamin". www.listadomanga.es. Consultado o 2024-02-17. 
  3. "Jena Lee - J'Aimerais Tellement (Clip Officiel)". Consultado o 2024-02-17. 
  4. "Les premières images du nouveau clip de Jena Lee". www.chartsinfrance.net (en francés). Consultado o 2024-02-17. 
  5. "X-Men Origins: The Complete Collection #1 - TPB (Issue)". Comic Vine (en inglés). Consultado o 2024-02-17. 
  6. "New Mutants #1 - Return of the Legion, Part 1: We Were Many, Once (Issue)". Comic Vine (en inglés). Consultado o 2024-02-17. 
  7. "New Mutants #2 - Return of The Legion, Part 2: Security Blankets (Issue)". Comic Vine (en inglés). Consultado o 2024-02-17. 
  8. August 31, englentine on; 2010. "New Mutants #4 - Return of the Legion, Part 4: Invasive Surgery (Issue)". Comic Vine (en inglés). Consultado o 2024-02-17. 
  9. "ORANGE (2007, GLENAT)". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2024-02-17. 
  10. "REMEMBER (2007, GLENAT)". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2024-02-17. 
  11. "ONE DAY (2008, GLENAT)". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2024-02-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar