Benigno Ledo

sacerdote e apicultor galego

Benigno Ledo González coñecido como O cura das abellas,[1] nado na Chanca (Adá, Chantada) o 20 de xullo de 1867[2][3][4] e finado e na casa reitoral de Argozón segundo unhas fontes[2][5][6] e no lugar da Chanca segundo outras[3] o 14 de decembro de 1950,[7][2][6] foi un sacerdote e apicultor galego introdutor dun modelo de colmea de cadro móbil horizontal.

Benigno Ledo
Nacemento20 de xullo de 1867
Lugar de nacementoA Chanca
Falecemento14 de decembro de 1950
Lugar de falecementoArgozón
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico, apicultor e catedrático
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi cura párroco de Argozón (Chantada)[8] e propagandista da apicultura. Colaborou en El Lucense, La Voz de la Verdad, El Norte de Galicia, El Ideal Gallego e El Cultivador Moderno. Unha das súas achegas máis salientables foi a introdución en 1880 do modelo de colmea coñecido como colmea Layens dende Francia.[2][9] Este modelo fora creado en 1874 por Georges de Layens, modificando unha colmea de cadro móbil. Benigno Ledo introduciuna no seu lugar natal, A Chanca, converténdose no primeiro apicultor español en introducir este modelo en España.[10]

Benigno Ledo foi o creador dun novo modelo de colmea denominada "Ledoargozón"[5] ou "Ledo-Argozón"[7], premiada no Concurso Nacional de Ganados, Maquinaria Agrícola e Industrias Derivadas no ano 1917 e que estaba baseada na colmea Voirnot.[11] Tamén simplificou os procesos de extracción do mel das colmeas modernas.[5] Foi nomeado profesor de apicultura da Deputación de Lugo o 10 de decembro de 1927,[12] cargo que ocupou ata a súa xubilación en 1948. [2] A propia deputación sufragaba os seus gastos para a realización de clases prácticas de apicultura por varios pobos da provincia, eventos que tiñan unha gran confluencia de interesados.[2][13] Dirixiu a aula de Apicultura que estivo situada, en vida de Benigno Ledo, nos xardíns da rúa San Marcos en Lugo, á beira do pazo provincial.[2][14] Tamén instalou colmeas modelo nos xardíns do Seminario diocesano de Lugo, onde tamén exercía labores docentes nesta área.[2]

Obras editar

  • Cursillo práctico de apicultura adaptado á la región gallega : para uso de los alumnos que se dedican a esta materia y al alcance de toda clase de personas. Lugo: Imprenta provincial, 1929.[15][16] Cunha segunda edición corrixida baixo o mesmo título en 1938.[17]
  • Curso práctico de apicultura. Terceira edición da mesma obra, aumentada e corrixida. Lugo: Deputación provincial, 1946.[18] [12] Edición facsimilar publicada por Ediciós do Castro en 1978[19] e 1982.[12][20]

Premios e recoñecementos editar

Notas editar

  1. "Apicultura". El Correo de Galicia : órgano de la colectividad gallega en la República Argentina (1112). 15-5-1927. p. 10. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Homenaje póstumo a D. Benigno Ledo González". El Progreso (15675). 24-12-1957. p. 3. 
  3. 3,0 3,1 Rodríguez Troncoso, Amador; Pérez Fernández, José Mariano; Mariño Torreira, Constantino (2015). O Servizo de Extensión Agraria en Galicia 1956 - 2002. Xunta de Galicia. Conselleria do Medio Rural. p. 449. 
  4. Cora, José de (18 de decembro de 2019). "Benigno Ledo González". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Fallecimiento de un notable apicultor". La Noche (9224). 26-12-1950. p. 5. 
  6. 6,0 6,1 "Necrolóxica". El Progreso (13481). 16-12-1950. p. 3. 
  7. 7,0 7,1 Rof Codina, Juan. "La apicultura española de luto" Las Riberas del Eo, 23-12-1950, p. 4.
  8. Directorio de Galicia : guía especial de las provincias de La Coruña, Lugo, Orense y Pontevedra. Barcelona: Anuario Riera. 1911. p. 138. 
  9. Lucendo, Jorge (2017). 80 SIGLOS DE INVENCIONES : diccionario de los inventos. p. . ISBN 978-1-9760-7873-6. OCLC 1005849205. 
  10. Rodríguez Troncoso, Amador; Pérez Fernández, José Mariano; Mariño Torreira, Constantino (2015). O Servizo de Extensión Agraria en Galicia 1956 - 2002. Xunta de Galicia. Conselleria do Medio Rural. p. 450. 
  11. López Álvarez, Xuaco (1994). Las abejas, la miel y la cera en la sociedad tradicional asturiana. Real Instituto de Estudios Asturianos. p. 158. ISBN 978-84-87212-25-3. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Rodríguez Troncoso, Amador; Pérez Fernández, José Mariano; Mariño Torreira, Constantino (2015). O Servizo de Extensión Agraria en Galicia 1956 - 2002. Xunta de Galicia. Conselleria do Medio Rural. p. 451. 
  13. "El cura de Argozón". El Correo gallego : diario político de la mañana (17323). 20-4-1927. p. 4. 
  14. "Jardines Lucenses". El Progreso (18096). 10-10-1955. p. 15. 
  15. "[Rexistro de publicacións número 63.226]". Gaceta de Madrid (155): 1684. 3-6-1932. 
  16. "Ficha de catálogo". Catálogo Iacobus. Consultado o 5-8-2020. 
  17. "Ficha de catálogo". Catálogo BNE. Consultado o 5-8-2020. 
  18. "Ficha de catálogo". Catálogo Iacobus. Consultado o 5-8-2020. .
  19. Quintás Pérez, Leticia (2015-04-27). "As edicións facsimilares no Castro, un exemplo de recuperación da memoria histórica". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 18 (0): 517–528. ISSN 1988-3285. doi:10.5209/rev_MADR.2015.v18.48574. 
  20. "Ficha de catálogo". Catálogo Iacobus. Consultado o 5-8-2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar