Belém Tajes
cantante galega
Belém Tajes, (pronunciado /beˈlɛŋ taˈʃɛs/)[1], nada en Buenos Aires en 1985[2], é cantante, compositora e especialista en musicoterapia.[2] Converteuse en vocalista de Luar na Lubre no ano 2017.
Belém Tajes | |
---|---|
Nacemento | 1985 |
Lugar de nacemento | Buenos Aires |
Nacionalidade | España |
Ocupación | cantante |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Creceu en Arou (Camariñas) e vive en Perillo (Oleiros). Estudou no Conservatorio da Coruña e Carballo e en escolas de música de Santiago de Compostela e A Coruña.[2] Foi alumna de Ángeles Dorrio e Carmen Rey. Con base na música tradicional tamén ten formación en jazz, soul e rock.[3]
Traballou en Irlanda na recolleita dun cancioneiro vinculado ao mar[4] dentro do proxecto Tosta Cultural Cargo.[2] Creadora do proxecto VooDoo gañador dun premio Martín Códax da música e participou en Sisters in the House.[2]
NotasEditar
- ↑ Queremos Galego (ed.). "Belem Tajes, música". Consultado o 8 de maio de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Sermos Galiza (ed.). "Belém Tajes, nova voz de Luar na Lubre". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2018. Consultado o 8 de maio de 2018.
- ↑ Portabales, Pablo. "Los aires camariñáns de Belem Tajes renuevan la voz de Luar na Lubre". Consultado o 8 de maio de 2018.
- ↑ F., X. La Voz de Galicia, ed. "Belem Tajes, nova vocalista de Luar na Lubre". Consultado o 8 de maio de 2018.