Bebida de améndoa

A bebida de améndoa (mal chamada de leite de améndoa[1]) é un produto (leite vexetal) coa aparencia do leite de orixe animal, feito con puré de améndoas e auga. É popular como unha bebida refrescante no norte de África e Oriente Medio, rexión predominantemente musulmá. Mais recentemente, tornouse tamén unha bebida relativamente popular no occidente, principalmente entre os vexetarianos.[2]

Botella de bebida de améndoa italiana.

É unha bebida importante no Mediterráneo, a rexión máis importante na produción de améndoas, desde a Idade Media; a razón para esta popularidade ten que ver coa facilidade en conservar, quer as améndoas, quer a mestura, ao contrario do leite de orixe animal, que ten unha caducidade temperá, a non ser que sexa transformado en queixo ou outros lácteos.

O leite de améndoas ás veces substitúe o leite de orixe animal nalgunhas receitas ou no caso de intolerancia á lactosa ou dietas especiais vexetarianas ou veganas.

Dietética editar

A bebida de améndoa promóvese coma unha alternativa ao leite de vaca pois:

  • non contén caseína;
  • non ten perigo para as persoas intolerantes á lactosa ou alérxicas ao leite.

Contrariamente ao leite de orixe animal, o "leite" de améndoas non contén colesterol ou lactosa. Ten moitos menos ácidos graxos saturados ca o leite de vaca.

A bebida de améndoa é estritamente vexetariana. Tamén é recomendada coma alternativa á bebida de soia para os alérxicos á soia, ou os que desexan evitar as oleaxinosas polas súas propiedades estróxenas ou polo seu contido en hexano.

Notas editar

  1. A lexislación europea reserva a denominación "leite" para o produto de orixe animal, polo que debe evitarse a utilización de "leite de améndoa" para este produto. A partir de Buscatermos da USC
  2. (en inglés) Leite de amêndoas no site WiseGeek.org Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar