Beatriz Molinos

política galega

María Beatriz Molinos Vidal, nada en Fontenlos (Entíns, Outes) en 1964[1] é unha aparelladora e política galega, exalcaldesa de Outes.

Modelo:BiografíaBeatriz Molinos
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Fontenlos, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Outes
2016 – 2019
← Carlos López CrespoManuel González López → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, aparellador Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Nas eleccións municipais de 2015 figurou na candidatura do Partido Popular de Galicia ao concello. Foi elixida concelleira e ocupou a concellería de Facenda. En agosto de 2016 accedeu á alcaldía logo da renuncia de Carlos López Crespo, o alcalde anterior, que levaba 21 anos no cargo e que concorreu nas listas do Partido Popular nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi derrotada por Compromiso Outes, sendo relevada na alcaldía por Manuel González López. Nese mandato foi deputada provincial ata xullo de 2021. Nas municipais de 2023 foi número 5 da candidatura do PPdeG e foi elixida concelleira, se ben o seu grupo non logrou recupera-la alcaldía.


Predecesor:
Carlos López Crespo
  
Alcaldesa de Outes
 
2016 - 2019
Sucesor:
Manuel González López