Baude Cordier

compositor francés

Baude Cordier, nado cara a 1380 en Reims e finado antes de 1440, foi un compositor francés de música renacentista. Suxeriuse nalgunha ocasión que Cordier era o pseudónimo de Baude Fresnel.[1][2] As súas composicións considéranse entre as máis representativas da ars subtilior. En liña con esa tendencia cultural, utilizaba adoito a cor vermella na súa notación para indicar alteracións rítmicas.[3]

Infotaula de personaBaude Cordier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1364 Editar o valor em Wikidata
Reims, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1400 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Dijon, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , arpista Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeséculo XIV Editar o valor em Wikidata - século XV Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica culta Editar o valor em Wikidata
MovementoArs subtilior Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: d5b4a90a-c8f9-4cc2-925c-fc97780a5883 Discogs: 1426143 IMSLP: Category:Cordier,_Baude Editar o valor em Wikidata
Partitura do rondó de Cordier de tema amoroso Belle, Bonne, Sage, en forma de corazón, con notas vermellas que indican alteracións rítimicas.

Composicións editar

Chegaron a nós tan só dez cancións seculares de Cordier, a maioría delas rondós:

  • Algunhas delas, ritmicamente complexas, pertencen ao estilo francés da ars subtilior, como Amans amés secretement.[4]
  • Belle, bone, sage, de Baude Cordier.
    Outras son máis sinxelas, cunha grande énfase na melodía lírica, como Belle, Bonne, Sage; o seu manuscrito ten a forma dun corazón.[5]
 
Manuscrito da partitura de Tout par compas suy composés.

Foi tamén autor dun canon circular titulado Tout par compas suy composés, cuxo manuscrito está escrito nun círculo.[6]

Notas editar

  1. Wright, Craig, "Tapissier and Cordier: New Documents and Conjectures". En Quarterly, The Musical. 59. Número 2. Abril de 1973. 177–89.
  2. Reaney, Gilbert. "Cordier, Baude". En The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Londres. Macmillan, 1980. [ISBN 1-56159-174-2]
  3. Parrish, Carl. The Notation of Medieval Music. W. W. Norton, 1957.
  4. Transcrita e comentada en: Davison e Apel. Historical Anthology of Music (HAM): Oriental, Medieval and Renaissance Music. Harvard University Press. 2014 [ISBN 978-0-674-33542-4]
  5. Texto orixinal en francés e a súa tradución a inglés Arquivado 08 de decembro de 2016 en Wayback Machine..
  6. Bergsagel, John. "Cordier's Circular Canon" En The Musical Times. 113, Número 1.558. Decembro de 1972. Páxinas 1.175 a 1.177.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar