Batería militar de Baredo

instalación militar en Baredo (Baiona)
(Redirección desde «Batería de Cabo Silleiro»)

Coordenadas: 42°06′33″N 8°53′35″O / 42.109076659244, -8.8930480315285

A batería militar de Baredo, tamén coñecida como batería de costa J4 de Cabo Silleiro,[1] foi unha instalación militar situada nas inmediacións do cabo Silleiro, moi preto do faro de Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello de Baiona. Atópase na actualidade en ruínas.

Batería militar de Baredo
As edificacións principais
Presentación
DirecciónBaredo, Baiona
Construción
Data da construción1936

Historia editar

Aínda que xa existira dende 1923 unha base,[2] non foi ata despois da Guerra Civil cando se construíu definitivamente coa finalidade de defender a entrada da ría de Vigo.[1] Os terreos onde se asentou pertencían á veciñanza de Baredo, sen que recibisen ningunha compensación.[3][4] Foi utilizada entre 1940 e 1969,[5] aínda que os soldados do último retén abandonaron as instalacións en 1998.[4]

Formaba parte do sistema defensivo conformado polas baterías do Grove (J1), Cabo Udra (J2), Monteferro (J3) e A Guía (J6).[1]

 

En 2021 o Concello de Baiona comproulle os terreos ao Ministerio de Defensa.[6]

Instalacións editar

Atópase na aba do monte de Silleiro. Accédese a el mediante unha estrada, presidida por un arco.[2] No recinto atopábase unha cantina, os servizos, os barracóns e a casa do sarxento. Existía unha rede de túneles que comunicaban os catro canóns e o búnker de telemetría.[7]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Máxica, Galicia (2016-03-03). "Ruinas del cuartel militar de Cabo Silleiro - Baterías J4-J5". Galicia Máxica (en castelán). Consultado o 2023-10-16. 
  2. 2,0 2,1 "La Batería Militar J4 de Cabo Silleiro". Guíate Galicia (en castelán). 2019-08-30. Consultado o 2023-10-16. 
  3. Redacción (2017-09-16). "Más de 300 personas muestran su rechazo al campo de golf de Baredo". ValmiñorTV (en castelán). Consultado o 2023-10-16. 
  4. 4,0 4,1 "La batalla más dura de la batería militar de Cabo Silleiro". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-02-26. Consultado o 2023-10-16. 
  5. Redacción (2021-05-08). "La Batería de Costa de Cabo Silleiro, otro puntal turístico". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-10-16. 
  6. "Baiona compra la batería militar de Cabo Silleiro por 370.000 euros". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-25. Consultado o 2023-10-16. 
  7. "La Batería Militar J4 de Cabo Silleiro". Guíate Galicia (en castelán). 2019-08-30. Consultado o 2023-10-16.