Batalla de Ellandun

A Batalla de Ellandun ou a Batalla de Wroughton librouse entre Ecgberht de Wessex e Beornwulf de Mercia en setembro de 825 . Sir Frank Stenton descríbea como "unha das batallas máis decisivas da historia de Inglaterra". Efectivamente puxo fin á supremacía de Mercia sobre os reinos Anglosaxóns de Inglaterra e estableceu a dominación de Wessex.

Contexto editar

Durante o século VIII e a comezos do IX, os reis de Mercia exerceron unha flutuante hexemonía sobre os reinos do sueste de Inglaterra, impondo o seu poder e, en ocasións, gobernando directamente. Mentres Wessex en ocasións fora obrigado a recoñecer o señorío de Æthelbald de Mercia, parece escapar á dominación de Mercia a partir de entón e, certamente, non estaba suxeito a formas máis intrusivas de control.

O pai de Ecgberht, Ealhmund fora rei de Kent na década de 780, o que provocara conflitos coas ambicións de Offa de Mercia, que trataba de impor o goberno directo en Kent. Tras a morte do seu pai, Ecgberht foi expulsado de Inglaterra ao exilio por Offa, coa cooperación de Beorhtric de Wessex e o seu ascenso ao trono de Wessex tras a morte de Beorhtric en 802 foi seguido inmediatamente por un violento enfrontamento con Mercia. Con todo, as fontes dispoñíbeis non revelan ningún outro conflito entre os dous reinos antes de 825.

Beornwulf arrebatou o trono merciano a Ceolwulf, que sucedera ao seu irmán en 821, o poderoso e lonxevo Coenwulf. O seu ataque en Wessex dous anos máis tarde pode ser parte dun esforzo para consolidar a súa autoridade e reafirmar a Mercia tras ese contratempo.

Beornwulf tamén puido estar tratando de aproveitar a preocupación de Ecgberht polos seus enfrontamentos contra os britanos de Cornualla. Ecgberht devastara territorio córnico en 815 e no outono de 825 estaba de novo en campaña contra os britanos, en Gafulford.

Localización editar

A Batalla de Ellandun crese que tivo lugar ao sur de Swindon, Wiltshire, pero o sitio exacto non foi descuberto. William Camden[1], gacetista de 1610 (Unha descrición Cronolóxica dos máis florecentes reinos, Inglaterra, Escocia, e Irlanda (Londres: George Bishop e John Norton, 1610)) suxire que a batalla tivo lugar preto de Wilton, xusto ao oeste de Salisbury. Charles Oman utilizou información xeográfica e as fronteiras contemporáneas como evidencia para suxerir que a batalla se produciu en Wroughton[2], que está a 6 km ao sur de Swindon. T. Spicer suxeriu que a batalla tivo lugar nos terreos do que agora é Lydiard Park, en Swindon.

Consecuencias editar

A vitoria de Ecgberht transformou a situación política no sur-este de Inglaterra. O rei á vez enviou ao seu fillo Æthelwulf cun exército ao sueste. Os saxóns occidentais lograron conquistar Sussex (ata agora baixo control directo de Mercia), Kent e Essex, que foran gobernados por sub-reis baixo control de Mercia. Todos estes territorios foron anexados a Wessex, duplicando o tamano do reino.

Mentres tanto, a derrota de Beornwulf envalentonou aos Anglos Orientais á rebelión contra Mercia e reafirmar a súa independencia, en alianza con Wessex. Beornwulf loitou contra os anglos orientais, pero foi derrotado e morto. O seu sucesor Ludeca correu a mesma sorte o ano seguinte e a independencia de Anglia Oriental foi restablecida.

Ecgberht alcanzou o cénit do seu poder en 829, cando ocupou Mercia, e asegurou o recoñecemento da súa supremacía polos northumbrianos, converténdose temporalmente en señor de toda Inglaterra. A independencia de Mercia foi restaurada ao ano seguinte por Wiglaf, que logrou unha recuperación significativa do prestixio merciano e que mesmo foi capaz de estender o seu poder máis aló de Berkshire. A independencia de Anglia Orientl e as conquistas de Wessex resultaron definitivas, e Mercia nunca recuperou a primacía que gozara no século antes de Ellandun.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar