Basílica de Santa María a Real de Covadonga

A Basílica de Santa María la Real é un templo relixioso de culto católico situado en Covadonga, Principado de Asturias (España), declarado como Basílica o 11 de setembro de 1901.

Basílica de Santa María a Real de Covadonga
Basílica de Santa María a Real de Covadonga
PaísEspaña
LocalizaciónCovadonga
Coordenadas43°18′31″N 5°03′13″O / 43.3086, -5.05361Coordenadas: 43°18′31″N 5°03′13″O / 43.3086, -5.05361
DioceseArquidiocese católica latina de Oviedo
EstiloNeorrománico
Páxina webhttp://www.santuariodecovadonga.com/
editar datos en Wikidata ]

O templo foi ideado por Roberto Frassinelli e levantado entre 1877 e 1901 polo arquitecto Federico Aparici Soriano, de estilo neorrománico, construído integramente en pedra calcaria rosa.

Historia editar

En 1777 un incendio destruíu o antigo templo, que se atopaba contiguo á Santa Cova onde se venera á Virxe de Covadonga. Decidiuse entón levantar un novo a modo de monumental santuario, para o que se pediu esmola en toda España, coa oposición do cabido, xa que os relixiosos querían reconstruír o templo da Santa Cova e o santuario ideado por Ventura Rodríguez, que nunca puido levarse a cabo.

O pulo definitivo para a construción non chega ata un século despois e sería o rei Afonso XII o que se interesa na conclusión desta obra. O deseño clasicista de Ventura Rodríguez, de difícil e custosa construción, dará paso a un deseño neomedievalista. A idea orixinal deste novo proxecto foi do erudito alemán coñecido como o Alemán de Corao, Roberto Frassinelli, que era gran debuxante pero non era arquitecto e tivo que ceder o seu posto ao arquitecto Federico Aparici, titulado da Academia de San Fernando; aínda así o Alemán tivo tempo de dirixir as obras da cripta.

Basílica editar

 
Altar da basílica

A basílica presenta unha grande unidade estilística, dentro dos canons do estilo neorrománico no que foi concibida. O edificio aséntase sobre un gran socalco. Presenta tres naves, a central notablemente máis alta que as laterais, con transepto e cabeceira rematada por tres ábsidas graduadas; as naves cóbrense por bóvedas de aresta. A fachada principal chama a atención polas esveltas agullas que rematan as torres. O acceso fórmase por un pórtico adiantado á nave, con tres arcadas de medio punto. En todo o edificio destaca a tonalidade rosácea polo tipo de pedra calcaria que contrasta co verde da paisaxe.

No interior, destaca a imaxe da nosa Señora, que recibe culto no altar maior, obra do escultor Juan Samsó.[1]

Referencias editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar